O Teucro ficha o lateral esquerdo Diego Martínez
Por Redacción
O Teucro acaba de facer oficial na tarde deste venres unha nova fichaxe para a tempada que ten previsto comezar a finais de setembro. Trátase de Diego Martínez, un lateral esquerdo nado no 1997 e formado na base do Balonmán OAR A Coruña, que chega a Pontevedra procedente do Villa de Aranda, co que non tivo demasiadas oportunidades o curso pasado en División de Honra Prata por unha lesión.
O xogador estivo a proba durante as dúas últimas semanas e, tras analizar a súa rendimento, o corpo técnico que encabeza Irene Vilaboa decidiu acometer a súa contratación para o próximo curso. "Axústase á perfección a un proxecto con miras ao futuro. É un xogador novo e con grandes calidades no lanzamento exterior e en tarefas defensivas", xustifican no club a súa incorporación.
"O Teucro é un club histórico de Galicia e España e chamoume moito o equipo novo que se estaba formando, para poder dispoñer de minutos e destacar na categoría. Día a día véxome mellor e con moitas ganas de volver xogar e axudar a un equipo moi traballador e con moitas ganas de facelo ben", declarou Martínez despois de facerse oficial a súa fichaxe.
Relacionadas:
-
Stefan Manoljovic aterra en Pontevedra para incorporarse aos adestramentos do Teucro
Por Redacción |
-
Derrota do Teucro no amigable ante o Atlético Novás tras unha desastrosa primeira metade (30-21)
Por Almu Dapena |
-
Os carnés de socios do Teucro poderán tramitarse online e telos descargados no móbil
Por Diego Espiño |
-
O Atlético Novás, pedra de toque na preparación de Cisne e Teucro
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa: "Necesitamos chegar todos os equipos nas mesmas condicións, desde o primeiro día xogámonos a vida"
Por Manu Otero |
-
O Teucro volve aos adestramentos sen contactos nin partidos de pretempada
Por Manu Otero |
-
Talento serbio para a portería do Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro amplía o contrato de Iago Rodríguez, que dá o salto ao primeiro equipo
Por Redacción |
-
O extremo esquerdo Ricardo González, novo reforzo para o Teucro
Por Redacción |