O extremo esquerdo Ricardo González, novo reforzo para o Teucro
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro segue dando pasos para completar o seu persoal para a próxima tempada. O último en chegar, ata o de agora, é o extremo esquerdo Ricardo González.
Este xogador de 19 anos formouse na base do Club Balonmán Cisne, onde comezou a súa andaina deportiva con tan só sete anos. Non cambiou de aires ata a pasada tempada, na que fichou polo Balonmán Artai de Poio.
"Ficho no Teucro porque é un equipo con xente de casa e xogadores novos e é o ideal para min nestes momentos", destacou González, para o que "o que máis me gusta é que é un proxecto que aposta por xente nova e que nos axuda a crecer como xogadores".
O club apunta que se trata dun xogador que destaca pola súa mocidade e por unha calidade demostrada "en varias facetas do xogo", sobre todo na súa eficacia para portería e na súa gran velocidade na saída ao contraataque.
A fichaxe de Ricardo é unha aposta de futuro para o extremo esquerdo, xa que asina por un ano con opción doutro ano de continuidade a decisión da entidade teucrista.
Relacionadas:
-
O Teucro ficha o lateral esquerdo Diego Martínez
Por Redacción |
-
O Teucro volve aos adestramentos sen contactos nin partidos de pretempada
Por Manu Otero |
-
Talento serbio para a portería do Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro amplía o contrato de Iago Rodríguez, que dá o salto ao primeiro equipo
Por Redacción |
-
Rebaixa nos prezos para unha campaña de socios do Teucro que é "máis que balonmán"
Por Redacción |
-
Alejandro Gómez, xogador do Teucro: "Renovo porque quero ter unha experiencia nun equipo de Prata"
Por Redacción |
-
Sergio Lorenzo, outro xogador que alternará o filial co primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |