A afección do Pontevedra 'revive' o ascenso a Segunda de 2004
Por Diego Espiño
Que mellor para pasar o confinamento que lembrar algún dos momentos máis brillantes da historia recente do Pontevedra Club de Fútbol. É o que fixeron este sábado moitos afeccionados grazas á iniciativa da Televisión de Galicia, que na súa segunda canle refundiu o partido do 27 de xuño de 2004 ante o Lorca, que supuxo o por agora último ascenso granate á Segunda División.
Foron os propios afeccionados os que cos seus votos, nunha enquisa do programa En Xogo, decidiron que encontro antigo do Pontevedra ver, e as redes sociais non foron alleas á particular efeméride.
Xa desde unhas horas antes das 18;00 da tarde, hora do partido, e aproveitando as imaxes daquel día da canle pública autonómica, en Twitter comezaron a aparecen escenas como a que compartiu a conta de seguidores @PontevedraCF, como o ambiente previo na Praza da Verdura, os arredores do vello Pasarón ou nos bares da cidade.
Na Praza da Verdura comézase a ver ambiente de previa de ascenso, todo granate e todo cánticos!
— Pontevedra CF (@PontevedraCF) April 11, 2020
Hoxe ás 18:00 temos unha cita coa historia!
© TVG pic.twitter.com/YlExJoHJ0G
Xa no estadio, os miles de rolos de papel hixiénico e as manobras para tentar atrasar o inicio do partido (para coñecer o resultado dos rivais), foron protagonistas, tal e como lembraron os seguidores.
O ascenso a 2a do meu Pontevedriña! Aquilo sí que foi gastar papel higiénico. #HistóricosTVG
— Fani Fanekinha (@FanyGonzlez) April 11, 2020
Hai 16 anos estabamos esperando a que comezase o partido. Entre o papel hixiénico e coello non dabamos feito... Que recordos! #HistóricosTVG Pontevedra-Lorca #HaiQueRoelo pic.twitter.com/cIeR1gaWNZ
— Iria Mariño (@Parrulinha) April 11, 2020
Que alguén tire máis papel hixiénico á banda de preferencia.
— Eu Son (@tintobarrantes_) April 11, 2020
Algún “desaprensivo” ha soltado un adorable conejito al césped de Pasarón parando de l partido por unos instantes. Dientes largos y cola corta para ascender. La madre naturaleza está de nuestro lado. pic.twitter.com/2gK3VCYqsg
— Hai que roelo! (@haiqueroelo) April 11, 2020
O conexooooo!!!!
— Carlos_sc (@granatepcf) April 11, 2020
Que será do coello ese?
E do recollepelotas?
Contas como a citada de @PontevedraCF ou @PontevedraHQR realizaron ademais o minuto a minuto do encontro, coma se producísese en directo, ata chegar ao momento culmen co primeiro tanto do partido, xa na segunda metade, co lembrado 'gol do papel hixiénico' co coruñés Xaco como executor.
Pase en profundidade para a carreira de Xaco, Rafa canta ao confundirse co papel hixiénico e Xaco, caéndose, mete o primeiro no marcador!!
— Pontevedra CF (@PontevedraCF) April 11, 2020
VAMOSSS! pic.twitter.com/wWwIb6BVrO
Balón a la espalda de la defensa que aprovecha Xaco para plantarse frente a Rafa. Falló en la salida el portero del Lorca y el balón paso por encima de un puñado de rollos de papel higiénico
— Hai Que Roelo (@PontevedraHQR) April 11, 2020
Se quedó solo Xaco y la mandó al fondo de la red#HQRlive #HistóricosTVG
Despois chegarían os dous goles de Javi Rodríguez para redondear a festa e a tarde soñada polos afeccionados do Pontevedra, que 28 anos despois volvían verse na Segunda División.
GOOOOOOOOL DE JAVI RODRIIGUEEEZ!!!
— Bonito Granate (@BonitoGranate) April 11, 2020
GOOOOL DE RIFLE!!!
VAMOOOS!!!#VoltaremosOutraVez pic.twitter.com/4uvhCA6GLx
GOOOOOL JAVI RODRIGUEZ!!
— kam (@limohe1) April 11, 2020
RIIIIIFLE RIIIIIFLE!!
O partido terminou cunha multitudinaria invasión de campo, que daba paso á festa primeiro no propio campo e no vestiario, como recolleron as cámaras da TVG e lembrou xusto antes da redifusión a conta de En Xogo, e despois polas rúas da cidade, nunha xornada de xúbilo colectivo difícil de esquecer para os pontevedreses.
Hoxe ás 18:00 horas na G2 tedes a oportunidade de revivir unha das páxinas máis brillantes da historia recente do @PontevedraCFSAD
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 11, 2020
O partido do ascenso diante do Lorca foi o partido que elixistes.
Así se celebra un ascenso! pic.twitter.com/mK5BBcvbl7
Relacionadas:
-
27 de xuño, día festivo para os granates
Por Manu Otero |
-
VÍDEO.- Un gol de Álvaro Bustos ante o Coruxo, elixido o mellor do ano nos equipos galegos de Segunda B
Por Redacción |
-
A comunidade granate imponse nunha enquisa en Twitter e a TVG repoñerá o partido do ascenso a 2ª B
Por Manu Otero |
-
Fede Bahón expresa o seu desexo de ser adestrador do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
E o gañador é... Pontevedra-Lorca do ano 2004, o ascenso a Segunda División
Por Redacción |
-
Ascenso contra o Lorca, play-off en Oviedo ou Copa ante o Zaragoza: Que partido do Pontevedra gustaríache revivir?
Por Diego Espiño |