Ascenso contra o Lorca, play-off en Oviedo ou Copa ante o Zaragoza: Que partido do Pontevedra gustaríache revivir?
Por Diego Espiño
Que partido da historia recente do Pontevedra Club de Fútbol gustaríache revivir durante o confinamento? A resposta tena a Televivisión de Galicia.
O programa En Xogo da segunda canle autonómica, ao igual que fixo nas últimas semanas con outros equipos galegos, propúxose redifundir un encontro histórico dos granates para deleite dos seus afeccionados.
Así, habilitaron unha enquisa na que dan tres opcións:
Cronoloxicamente falando a primeira delas corresponde ao máxico 2004, concretamente ao 27 de xuño, data gravada na memoria colectiva dos seguidores de Pasarón por ser a do último ascenso a Segunda División, nun partido ante o Lorca que terminou con resultado de 3-0 para os granates grazas aos goles de Xaco e Javi Rodríguez (2).
A segunda opción remóntase ao 2007, con Javi Gracia no banco no último gran duelo de Copa do Rei que se lembra a beiras do Lérez, o que lle enfrontou ao europeo e naquel momento poderoso Real Zaragoza e que terminou con triunfo 1-0 con tanto de Víctor Ormazábal.
Por último En Xogo propón un duelo que aínda que non supuxo un ascenso, permitiu ao Pontevedra avanzar de rolda no play-off do ano 2010 nun dos encontros máis épicos da historia recente do club. Foi en Oviedo, onde o equipo adestrado por aquel entón por Pablo Alfaro sobrepúxose ás expulsións para eliminar aos ovetenses grazas a un gol de Igor cando só contaban con 8 xogadores sobre o verde (dúas expulsións e unha lesión momentanea).
Aquí tedes as nosas propostas de partidos do @PontevedraCFSAD para que votedes ‼️
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 3, 2020
Pontevedra @RealZaragoza Copa 2007
Pontevedra @lorcadeportiva Ascenso 2004@RealOviedo Pontevedra Play-off ascenso 2010
Tras a resolución da votación, a Televisión de Galicia confirmará o día e a hora de emisión do encontro escollido, unha cita imperdible para os afeccionados pontevedreses.
Relacionadas:
-
A comunidade granate imponse nunha enquisa en Twitter e a TVG repoñerá o partido do ascenso a 2ª B
Por Manu Otero |
-
A afección do Pontevedra 'revive' o ascenso a Segunda de 2004
Por Diego Espiño |
-
E o gañador é... Pontevedra-Lorca do ano 2004, o ascenso a Segunda División
Por Redacción |
-
Merece algún gol do Pontevedra coarse entre os mellores do curso na Segunda B?
Por Diego Espiño |
-
Un lustro dunha das maiores goleadas da historia do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A comunidade granate mobilízase para confeccionar un arquivo dos momentos de gloria do Pontevedra
Por Manu Otero |