Jan e Nil Solans, campións do Mundo júnior de rallys, grandes reclamos do IV RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño
Son dúas das grandes figuras do automobilismo nacional, están chamados a ser os referentes españois a nivel internacional nos próximos anos e competirán na cuarta edición do RallyMix de Cuntis.
A Escudería Cuntis Vila Termal confirmou a presenza na proba, os días 14 e 15 de marzo, dos irmáns Jan e Nil Solans, ambos os dous campións do Mundo júnior e con experiencia no Campionato do Mundo de WRC.
Nil proclamouse en 2017 campión mundial júnior, ademais de ser campión en WRC 3, mentres que o seu irmán Jan repetiu a xesta o pasado ano en 2019, sumándose a unha lista de pilotos españois que completan nomes ilustres como Dani Solà (2002) e Dani Sordo (2005).
A súa participación, aseguran, é posible grazas á colaboración da escudería cuntiense con Albert Llovera, piloto andorrano que afai visitar Cuntis para apadriñar o rally, aínda que nesta ocasión ausentarase debido a compromisos profesionais. No seu lugar "vamos a estar Jan y yo compitiendo a tope con el cuchillo entre los dientes para ganar, pero nos han dicho que hay competición", sinala no vídeo de presentación da proba o propio Nil Solans.
Todo un incentivo para os afeccionados aos deportes de motor para non perderse a cuarta edición do RallyMix.
Así o cre tamén o alcalde da localidade, Manuel Campos, para quen "a presenza dos irmáns Solans é un motivo de orgullo para todo o Concello, pois a súa participación contribuirá a darlle maior prestixio, relevancia e atractivo ao RallyMix e, por tanto, é algo moi positivo para o municipio", recoñeceu.
Relacionadas:
-
O RallyMix de Cuntis pecha a lista de rexistrados con 84 pilotos, entre eles Christine GZ e Nil Solans
Por Manu Otero |
-
Aprazada definitivamente ata 2021 a cuarta edición do RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
O aprazamento do RallyMix de Cuntis completa a suspensión de todo o deporte na área de Pontevedra
Por Redacción |
-
Máis de medio cento de inscritos nun RallyMix de Cuntis que promete espectáculo na súa cuarta edición
Por Redacción |
-
Borja González, vencedor do III RallyMix de Cuntis
Por Redacción |