
© Real Federación Galega de Fútbol
Recibimento en Marín ás seleccións nacionais de fútbol sala de España e Xapón

Por Redacción
As seleccións nacionais de fútbol sala de España e Xapón xa se atopan en Marín, onde este martes (20:00 horas) enfrontaranse no primeiro dos dous encontros amigables previstos estes días na xeografía galega (o segundo será en Burela).
As futbolistas de ambos os dous combinados nacionais foron obxecto este luns dun recibimento de gala no Concello de Marín, onde a alcaldesa María Ramallo agasallou ás deportistas e recibiu á súa vez unha camiseta de cada selección asinada polas xogadoras.
No acto, xunto a xogadoras e e membros dos corpos técnicos de España e Xapón, estaban presentes tamén o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol Rafael Louzán, quen destacou que se trata dun evento "que nos serve para premiar a todo o fútbol sala feminino galego, pois somos unha referencia a nivel nacional".
Espérase un gran ambiente no pavillón da Raña para presenciar o partido internacional. Así o reflicte, aseguran, o bo ritmo de venda de entradas que garante unha boa presenza de afeccionadas e afeccionados nas bancadas.
O encontro está organizado polo CD La Peña en colaboración das federacións Galega e Española de fútbol.
Relacionadas:
-
A Federación Galega organiza unha charla sobre fútbol e TDAH en Marín
Por Redacción |
-
A Selección Española de fútbol sala dáse unha homenaxe en Marín ante Xapón (8-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Marín empeza a vivir o España-Xapón de fútbol sala feminino
Por Diego Espiño |
-
Entradas a 6 e 3 euros para ver o partido España-Xapón de fútbol sala en Marín
Por Redacción |
-
Marín acollerá en decembro un partido da Selección Española Feminina de fútbol sala
Por Redacción |