Entradas a 6 e 3 euros para ver o partido España-Xapón de fútbol sala en Marín

Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol fixo públicos os prezos e condicións das entradas para presenciar o partido amigable que xogarán en Marín as seleccións nacionais de fútbol sala feminino de España e Xapón.
O duelo disputarase o martes 10 de decembro no pavillón da Raña (20:00 horas).
Segundo comunicou o ente federativo, as entradas terán un prezo de 6 euros para o público xeral e de 3 euros para os e as menores de idade.
A venda e reserva de entradas de forma anticipada poderase realizar a través do correo do Club Deportivo La Peña (clubdeportivolp@gmail.com) ou no teléfono 676 054 606. Ademais o día do choque habilitaranse os despachos de billetes do pavillón en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Este encontro internacional traerá consigo varias accións paralelas, empezando pola presentación prevista para o día 4 no Concello de Marín na que estará presente a seleccionadora nacional, Claudia Pons. Ademais o Concello ten previsto organizar unha recepción oficial tanto ás campioas continentais como ao combinado nipón, no que tamén estará o presidente da Federación Galega, Rafael Louzán.
Está previsto á súa vez que os dous equipos se exerciten previamente nas instalacións deportivas municipais.
Relacionadas:
-
A Selección Española de fútbol sala dáse unha homenaxe en Marín ante Xapón (8-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Recibimento en Marín ás seleccións nacionais de fútbol sala de España e Xapón
Por Redacción |
-
Marín empeza a vivir o España-Xapón de fútbol sala feminino
Por Diego Espiño |
-
Marín acollerá en decembro un partido da Selección Española Feminina de fútbol sala
Por Redacción |