A Federación Galega organiza unha charla sobre fútbol e TDAH en Marín

Por Redacción
O Comité Galego de Adestradores da Federación Galega de Fútbol organiza unha xornada formativa centrada no fútbol e o TDAH. Esta actividade, que terá lugar o 29 de xaneiro na biblioteca de Marín, centrarase na análise dos mitos e realidades que envolven este trastorno, así como na divulgación pautas psicopedagócias de actuación en relación ao protocolo da Xunta.
A encargada de impartir a charla será Martina Ares Ferreirós, doutora en dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos e profesroa da área de Psicoloxía Evolutiva e Educación na Universidade de Vigo, quen se centrará tamén no método de levar ese protocolo ao terreo de xogo, das vantaxes do fútbol para traballar. Así mesmo os asistentes poderán coñecer as fortalezas que presentan persoas con este trastorno de déficit de atención e cales poden ser beneficiosas para o fútbol.
En colaboración co Concello de Marín e o club local Áncora D' Ouro, o evento está dirixido a todas as persoas maiores de 16 anos, pero está pensado especialmente para adestradores, directivos e pais.
Non é a primeira vez que a Federación Galega de Fútbol organiza actividades similares en Marín. Hai unhas semanas a biblioteca acolleu unha sesión de actualización para adestradores de fútbol sala e antes a Selección feminina de fútbol sala disputou un encontro amigable no pavillón da Raña.