Derrota do Arxil ante o recén ascendido Barakaldo (76-71)
Por Redacción
Despois de lograr a semana pasada a terceira vitoria desta tempada ante a súa afección, o Arxil desprazouse ao País Vasco para enfrontarse ao recentemente ascendido pero complicado Barakaldo. Aínda que durante o partido mantívose a tónica da igualdade, as de Mayte Méndez deixaron escapar os puntos no último cuarto.
O Arxil saíu mal á cancha anotando un tiro libre durante os primeiros 5 minutos de xogo e deixando unha lixeira vantaxe de 7 puntos ao seu rival.
Ante esa situación, a adestradora pontevedresa pediu un tempo morto para reordenar o sistema de xogo das súas xogadoras, tras o cal conseguían recortar distancias cun triplo e un tiro de dous de Forster, canastras que lle serviron para recuperar confianza e chegar ao final do primeiro cuarto a tan só dous puntos do Barakaldo (19-17).
O segundo cuarto estivo máis igualado. A boa actuación do conxunto verde fixo que igualase o partido por momentos pero finalmente chegouse ao descanso cun resultado de 42-38.
Tras o intermedio, o conxunto vasco empezou a abrir unha renda de 10 puntos que se ampliou a 14 antes de chegar ao último cuarto, poñendo as cousas difíciles ao Arxil. As desvantaxe cada vez era maior, con todo as de Pontevedra non tiraron a toalla e aos poucos reduciron a distancia en 3 puntos cando quedaban pouco máis de 2 minutos de partido, pero as faltas persoais ás vascas volveron afastalas para chegar ao final do partido cun resultado de 76-71.
Consulta as estatísticas do Barakaldo-Arxil.
Relacionadas:
-
Dura derrota do Arxil na súa visita ao Real Canoe (76-61)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil non pode facer nada ante o recentemente descendido Baxi Ferrol e suma a súa cuarta derrota consecutiva (67-113)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Arxil, sen opcións, perde contra un poderoso Alcobendas (93-54)
Por Redacción |
-
Un mal segundo cuarto deixa sen opcións o Arxil fronte ao GDKO Ibaizábal (51-71)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
A arxilista Natalia López, operada con éxito da rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Redacción |
-
O Arxil vence o Añares Rioja e logra a súa terceira vitoria esta tempada (72-70)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O bo rendemento do Arxil no último cuarto non foi suficiente para gañar ao Aros (60-58)
Por Almu Dapena |
-
Natalia López di adeus á tempada co Arxil ao romper o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Arxil plántalle cara o Estudiantes pero non consegue a vitoria (63-68)
Por Redacción & Diego Torrado |