O Arxil vence o Añares Rioja e logra a súa terceira vitoria esta tempada (72-70)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
Bo partido o disputado polo Arxil esta fin de semana ante o Añares Rioja co que lograron a súa terceira vitoria esta tempada. As de Mayte Méndez viñan de perder dous partidos consecutivos e regresaron ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva coa vista posta en deixar os puntos en casa.
O partido comezou con claro dominio do Arxil, que se mantivo durante o primeiro cuarto por diante no marcador logrando incluso unha vantaxe de 10 sobre o seu rival (17-7) pero, ao final do cuarto, as de Rioja reaccionaron para recortar a distancia a tan só 5 puntos (18-13).
O segundo cuarto empezou igual para as pontevedresas onde dominaron de maneira clara durante os primeiros 5 minutos (29-18) pero o partido deu un xiro e o Arxil empezou a perder balóns e a fallar os lanzamentos, mentres que o Añares encestaba todo o que tiña e volvía achegarse no marcador (40-34).
Despois do descanso, as de verde volveron dominar conseguindo afastarse en 9 puntos grazas á actuación de Carla Fernández que levaba 21 puntos ata o momento. Cando parecía que o Arxil tiña máis confianza, o conxunto da Rioja reaccionou. Quedaban 3 minutos do terceiro cuarto e poñíanse por diante por primeira vez no partido, pero as de Mayte Méndez lograron empatar antes de chegar aos últimos 10 minutos (56-56).
Co partido igualado chegábase ao último cuarto e, a pesar de que as de Pontevedra empezaron indo por detrás cunha diferenza de ata 5 puntos, dúas canastras de Carla Fernández achegaban ao Arxil á vitoria que finalmente se decidiu no último minuto.
O Añares estaba un punto por encima (69-70) e cometeu unha falta antideportiva. Foi nese momento cando apareceu María Lago para anotar os dous tiros libres que lle tocaban e poñía de novo ao Arxil por diante a falta de 30 segundos para o final.
O partido non estaba decidido e as visitantes podían remontar pero fallaron as dúas ocasións das que gozaron e cometeron unha nova falta. Desde a liña de persoal, Carla Fernández anotou o primeiro pero fallou o segundo, poñendo o definitivo 72-70.
Relacionadas:
-
Dura derrota do Arxil na súa visita ao Real Canoe (76-61)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil non pode facer nada ante o recentemente descendido Baxi Ferrol e suma a súa cuarta derrota consecutiva (67-113)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Arxil, sen opcións, perde contra un poderoso Alcobendas (93-54)
Por Redacción |
-
Un mal segundo cuarto deixa sen opcións o Arxil fronte ao GDKO Ibaizábal (51-71)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Derrota do Arxil ante o recén ascendido Barakaldo (76-71)
Por Redacción |
-
O bo rendemento do Arxil no último cuarto non foi suficiente para gañar ao Aros (60-58)
Por Almu Dapena |
-
Natalia López di adeus á tempada co Arxil ao romper o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Arxil plántalle cara o Estudiantes pero non consegue a vitoria (63-68)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un tiro libre de María Lago salva os mobles ao Arxil en Avilés (50-51)
Por Redacción |
-
O Arxil consegue o seu primeiro triunfo nun traballado partido en Pozuelo (38-54)
Por Redacción |