O bo rendemento do Arxil no último cuarto non foi suficiente para gañar ao Aros (60-58)
Por Almu Dapena
O Arxil desprazouse esta fin de semana a León para enfrontarse ao Aros no partido correspondente á xornada 5 de Liga Feminina 2. As de Mayte Méndez estiveron a piques de empatar o partido despois de realizar un bo último cuarto, pero unha perda de balón no último segundo deu a vitoria ás locais por 60-58.
O partido comezou igualado para ambos os equipos onde non se viu clara superioridade por parte de ningún. Desta maneira, durante os primeiros minutos o partido mantivo a igualdade, destacando unicamente o final do cuarto cando as de León puxéronse cunha diferenza de catro puntos que o Arxil recortou en dous (20-18).
No segundo cuarto, a intensidade das de verde baixou e o seu rival afastouse no marcador en 9 puntos, vantaxe que foron capaces de reducir no tramo final, pouco antes de chegar ao descanso (34-29).
Despois do intermedio, o Aros foi abrindo a vantaxe conseguindo un parcial de 15 a 7 no terceiro cuarto e unha vantaxe no marcador de 13 puntos (49-36).
Parecía que o partido estaba sentenciado a favor das locais, pero as de Pontevedra non baixaron os brazos e, sen dar o partido por perdido, recortaron distancias grazas á boa actuación de María Lago (18 puntos).
Quedaban 42 segundos para que soase a bucina e o marcador reflectía o empate a 58. As de León volveron adiantar cun tiro de dous a falta de 8 segundos e, no contraataque que supoñía a igualada final, a veterana do Arxil, María Lago, perdeu o balón.
A pesar do bo último cuarto das de Pontevedra no que lograron un parcial de 11-22, finalmente a vitoria quedou en León, cun resultado definitivo de 60-58.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Aros.
Relacionadas:
-
Dura derrota do Arxil na súa visita ao Real Canoe (76-61)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil non pode facer nada ante o recentemente descendido Baxi Ferrol e suma a súa cuarta derrota consecutiva (67-113)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Arxil, sen opcións, perde contra un poderoso Alcobendas (93-54)
Por Redacción |
-
Un mal segundo cuarto deixa sen opcións o Arxil fronte ao GDKO Ibaizábal (51-71)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Derrota do Arxil ante o recén ascendido Barakaldo (76-71)
Por Redacción |
-
O Arxil vence o Añares Rioja e logra a súa terceira vitoria esta tempada (72-70)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Natalia López di adeus á tempada co Arxil ao romper o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Arxil plántalle cara o Estudiantes pero non consegue a vitoria (63-68)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un tiro libre de María Lago salva os mobles ao Arxil en Avilés (50-51)
Por Redacción |
-
O Arxil consegue o seu primeiro triunfo nun traballado partido en Pozuelo (38-54)
Por Redacción |