O Arxil non pode facer nada ante o recentemente descendido Baxi Ferrol e suma a súa cuarta derrota consecutiva (67-113)
Por Redacción & Diego Torrado
Despois de tres derrotas consecutivas, dúas delas amplas, o CB Arxil recibiu este sábado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao recentemente descendido Baxi Ferrol, rival complicado situado no terceiro posto da clasificación.
As de Mayte Méndez empezaron ben o partido, manténdose por diante no marcador ata o minuto seis do primeiro cuarto (9-6), momento no que as ferrolás se empezaron a facer co dominio e impoñer o seu xogo con lanzamentos desde a liña de 6,75 para chegar ao final do primeiro cuarto cunha lixeira vantaxe (21-27).
O segundo cuarto seguiu a liña do primeiro. O Arxil recortaba distancias e colocábase a tan só dous puntos (28-30) pero a falta de 5 minutos para que se chegase ao descanso, o Ferrol fíxose de novo coa iniciativa do xogo para chegar a mandar no marcador cun contundente 35-56.
A partir dese momento, xa nada máis puideron facer as verdes que vían como o seu rival facíase con todos os rebotes e seguían mandando no marcador antes de alcanzar a recta final do partido (48-81).
Cunha diferenza de +33 puntos en contra e todo costa arriba, ao Arxil só quedaba tentar maquillar o marcador cos tiros de Carla Fernández (28 puntos) e así tentar que o resultado final non fóra tan avultado.
Finalmente, o Arxil caeu de maneira clara cun contundente 67-113 e suma a súa cuarta derrota consecutiva.
A próxima xornada, as de Mayte Méndez viaxarán a Madrid para enfrontarse ao Real Canoe, cuarto clasificado con 7 vitorias e 3 derrotas.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Baxi Ferrol na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Cortegada leva o derbi fronte o Arxil (69-77)
Por Redacción |
-
Dura derrota do Arxil na súa visita ao Real Canoe (76-61)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil, sen opcións, perde contra un poderoso Alcobendas (93-54)
Por Redacción |
-
Un mal segundo cuarto deixa sen opcións o Arxil fronte ao GDKO Ibaizábal (51-71)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Derrota do Arxil ante o recén ascendido Barakaldo (76-71)
Por Redacción |
-
O Arxil vence o Añares Rioja e logra a súa terceira vitoria esta tempada (72-70)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O bo rendemento do Arxil no último cuarto non foi suficiente para gañar ao Aros (60-58)
Por Almu Dapena |