O Cisne lidera a clasificación tras vencer ao Córdoba cun gol sobre a bucina (27-28)

Por Almu Dapena
Partido de infarto o vivido esta fin de semana en Andalucía no que se enfrontaban o Cisne contra o recien ascendido Córdoba. O encontro decidiuse cun gol sobre a bucina de José Leiras que deu a vitoria ao equipo pontevedrés e permite que durma líder en solitario despois da derrota cultivada polo que era colíder, o Barça B.
Durante o primeiros trinta minutos, o Córdoba levou a iniciativa co marcador a favor e impediu que o Cisne se adiantase en ningún momento. Foi no minuto catro cando con tres goles seguidos, o conxunto andaluz conseguiu a súa primeira vantaxe de dúas (4-2) de todo o encontro. Os protagonistas desta primeira metade foron os erros en ataque por parte de ambos os conxuntos que lanzaban pero o marcador apenas se movía.
Co 13-13 ao descanso, tras o paso polos vestiarios volveuse á mesma dinámica que nos primeiros 30 minutos, o Córdoba por diante no marcador e o Cisne empatando pero sen remontar. De novo, a máxima vantaxe que logrou o conxunto andaluz nesta segunda metade foi de dúas tantos que o Cisne, novamente, volvía empatar.
A falta de tres minutos e medio para que concluíse o encontro, os de branco ían dous goles por baixo no electrónico pero a exclusión do xogador local, Jesús Mosquera, no minuto 28, fixo que os de Jabato empatasen o encontro (27-27).
Cos nervios a flor de pel e a falta de 30 segundos para que terminase o partido, os dous equipos pediron un tempo morto para organizar as ideas. O Córdoba fallou e o Cisne aproveitou a última posesión do encontro que lle permitía conseguir adiantarse por primeira vez en todo o partido e a súa consecuencia de gañalo.
O protagonista foi José Leiras, que cun lanzamento sobre a bucina, bateu a portería do gardameta local para darlle así a vitoria ao Cisne e cultivar, con esta, a terceira vitoria consecutiva nesta tempada.
Consulta a acta do partido Córdoba-Cisne na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Cisne saca a garra nos últimos minutos e imponse o Sarrià (30-25)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Un superior Villa de Aranda acaba coa boa serie do Cisne en liga (28-26)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne acaba eliminado da Copa fronte a Puente Genil despois de soñar coa vitoria (21-28)
Por Manu Otero |
-
Continúa o soño do Cisne despois de gañar 26-23 o Ciudad de Málaga
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Cisne, a seguir soñando; o Teucro, a confirmar o seu rexurdir
Por Manu Otero |
-
Carlos Álvarez, incluído na primeira convocatoria de Jabato como seleccionador nacional xuvenil
Por Redacción |
-
O Cisne viaxa a Córdoba co vento ao seu favor
Por Redacción |
-
Triunfo histórico do Cisne ante o Teucro na Copa do Rei (29-24)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Vitoria importantísima ante o Novás dun Cisne que ilusiona (22-25)
Por Sofía Lorenzo |