Un superior Villa de Aranda acaba coa boa serie do Cisne en liga (28-26)
Por Almu Dapena
O Cisne desprazouse esta fin de semana a Burgos para buscar a súa quinta victoria da tempada. Para iso tiñan que enfrontarse ao Villa de Aranda que formou un muro na súa defensa que impediu de Jabato traer os dous puntos a Pontevedra.
Durante os primeiros minutos de encontro, o gran protagonista foi Villamarín que, con tres importantes paradas ao principio do encontro, evitou que o Aranda puxésese cunha diferenza de catro goles en tan só dous minutos.
O primeiro gol do equipo local chegou nun contraataque ao que automaticamente o Cisne Colegio Los Sauces respondeu cun lanzamento ao fondo da rede (1-1), pero varias imprecisións nos lanzamentos por parte dos de Jabato, provocarían que o Aranda puxésese por diante no marcador cunha diferenza de tres goles (4-1).
Pouco tardou o conxunto branco en remontar. A exclusión do xogador local Matheus Lennon foi clave para que o Cisne puxese o empate no marcador cando se chegaba ao ecuador da primeira metade (7-7). Unha parada de Villamarín facía posible que o os de Pontevedra puxésense por diante no marcador por primeira vez no encontro pero unha parada do porteiro local impediuno. De novo volveu o ataque pouco fluído do Cisne que provocou que o Aranda puxésese por diante cun parcial de máis tres goles (10-7).
Unha nova inferioridade numérica dos locais provocou que o Cisne recortase distancias ata poñerse a un só tanto do empate (11-10) pero o acerto nos lanzamentos locais e as imprecisións nos visitantes, provocaron que se chegase ao descanso con tres goles de diferenza a favor dos de Burgos (16-13).
O paso polo vestiario sentoulle ben ao Cisne que conseguiu recortar distancias. Durante os primeiros 10 minutos, o Aranda tan só logrou marcar dous tantos mentres que os de Jabato marcaron 5 empatando así o partido (18-18). Pero de novo, e cando mellor estaban a xogar, tres perdas importantes de balón volveron afastar ao Aranda a falta de 15 minutos para o final (21-18).
Os últimos minutos de encontro resumíronse no protagonismo do porteiro local e o muro defensivo formado polos locais que impedían ao Cisne reducir distancias (25-22). Os minutos corrían e a emoción estaba servida pero os de Pontevedra nada puideron facer e deixáronse os dous puntos en Burgos (28-26).
A pesar desta derrota, o Cisne continúa colíder co Teucro, ambos con 8 puntos, e seguidos do Torrelavega (7 puntos), equipo ao que reciben na seguinte xornada.
Consulta a acta do partido Villa de Aranda-Cisne na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Cisne aproveita os erros ofensivos do Zamora e segue líder (27-24)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro non remonta e cae derrotado ante o Antequera cun gol sobre a bucina (21-20)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne saca a garra nos últimos minutos e imponse o Sarrià (30-25)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Un Cisne moi superior volve gañar o derbi do Lérez ante o Teucro (26-33)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Teucro-Cisne, un partido que "lo tiene todo para animar a la gente a venir"
Por Diego Espiño |
-
O Sarriá, equipo revelación, pon a proba aoTeucro e o Cisne mide as súas aspiracións en Aranda
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O Cisne acaba eliminado da Copa fronte a Puente Genil despois de soñar coa vitoria (21-28)
Por Manu Otero |
-
Continúa o soño do Cisne despois de gañar 26-23 o Ciudad de Málaga
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Cisne lidera a clasificación tras vencer ao Córdoba cun gol sobre a bucina (27-28)
Por Almu Dapena |