Teucro-Cisne, un partido que "lo tiene todo para animar a la gente a venir"
Por Diego Espiño
O Pavillón Municipal dos Deportes prepárase para vivir o sábado (18:00 horas) o que probablemente sexa o mellor derbi pontevedrés da historia entre Sociedad Deportiva Teucro e Club Cisne Balonmán, que chegan á cita como líder e terceiro clasificado respectivamente na División de Honra Prata.
"Creo que el partido lo tiene todo para animar a la gente a venir", asegura o preparador teucrista, mentres que o seu igual no cadro cineísta cre que "seguramente no se vuelva a dar" un duelo así.
O choque chega marcado pola eliminatoria de Copa do Rei de principio de tempada que caeu ao lado do Cisne e que deixou aos seus veciños tocados e con dúbidas tras dúas derrotas consecutivas. Con todo choveu desde entón e os azuis foron mellorando o seu xogo e imaxe ata alzarse co primeiro posto da liga.
"Nosotros intentando no fiarnos, aunque hayamos conseguido ganarles en Copa Galicia y Copa del Rey. Ellos vienen con una buena dinámica, están jugando bien". recoñece Jabato, técnico dun Cisne que recuperou efectivos tras unha semana de parón, ao aprazar o seu encontro do último fina de semana. Así, volve ao equipo un home importante como o pivote Daniel Ramos, que gozará de minutos na rotación, sendo a única ausencia por lesión a de Alejandro Conde.
O Teucro sen embargo afronta o derbi con todos os seus efectivos dispoñibles e deixando atrás o partido copeiro. "No tenemos nigún ánimo de revancha", mantén Luís Montes, que non esconde eloxios ao seu rival, ao que considera "probablemente el mejor ataque posicional de la liga" grazas sobre todo a "una primera línea con muchísima calidad". Por iso entende que o seu equipo debe aplicarse sobre todo a nivel defensivo para pelexar pola vitoria.
No Cisne pola súa banda ven ao seu veciño como "una plantilla de muchísimo nivel" e que "está arriba por méritos propios". Con todo iso pouco contará cando o reloxo póñase en marcha, porque como bo derbi "es un partido completamente diferente", sinala Jabato. Por algo se considera un partido de rivalidade sa.
Relacionadas:
-
Un Cisne moi superior volve gañar o derbi do Lérez ante o Teucro (26-33)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Teucro imponse ao Palma del Río e colócase líder en solitario (25-29)
Por Almu Dapena |
-
Un superior Villa de Aranda acaba coa boa serie do Cisne en liga (28-26)
Por Almu Dapena |
-
Triunfo histórico do Cisne ante o Teucro na Copa do Rei (29-24)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |