Pablo Dapena e Javi Gómez Noya apúntanse ao Europeo Ironman 70.3
Por Diego Espiño
O Campionato de Europa de Ironman 70.3 que se celebrará o próximo 23 de xuño en Elsinore, Dinamarca, é o novo obxectivo que se marcan Javier Gómez Noya e Pablo Dapena.
O flamantes campión e subcampión mundiais de tríatlon de longa distancia volverán coincidir desta forma nun evento no que parten entre a nómina de candidatos ao podio pero no medio dun gran nivel competitivo.
Ambos os dous figuran na lista de saída do Europeo, actualizada este mércores 11 de xuño, no que supón ademais un esixente test mirando cara o Mundial da distancia que se celebrará en setembro en Niza e para o que están xa clasificados.
Dapena confirmou a través das súas redes sociais que o Ironman 70.3 de Elsinore, localidade que se atopa a pouco máis de media hora en coche desde a capital danesa, é o seu obxectivo máis inmediato, centrado como está na segunda fase da tempada na media distancia. O pontevedrés vén de facer varios podios este ano, con segundos postos no Mundial de Pontevedra, o Challenge de Lisboa e o Ironman 70.3 de Rapperswil-Jona, en Suíza.
Próxima parada @KMDIronmanCPH
— Pablo Dapena Gonzale (@pablitopiny) 12 de junio de 2019
Next stop 70.3 European Champs Elsinore@BMCVifittri@Ride_BMC@VifitSportUK @orcasportswear @PolarGlobal @YourFSA @uvexsafetygroup @CraftSportswear @tacx @selle_italia pic.twitter.com/c6VUPBJ8ZG
Pola súa banda Gómez Noya, no medio dos seus compromisos nas Series Mundiais e centrado como está en lograr a clasificación olímpica, non descoida a media distancia. Este curso venceu no Ironman 70.3 de Geelong, Australia, mentres que nas Series Mundiais situouse tras o seu podio en Leeds en cuarta posición na xeral e con opcións de pelexar polo seu sexto título mundial. Esta posición fíxolle replantexar a súa tempada acudindo ás carreiras das World Series sobre distancia sprint, como a que terá lugar en Montreal o 29 de xuño, sen apenas descanso desde o Europeo 70.3.
Na liña de saída do Campionato de Europa Ironman 70.3 aparecen outros grandes nomes do tríatlon mundial, como entre outros o británico Tim Don (dúas veces bronce mundial en 70.3), o suízo Ruedi Wild (bronce mundial en 70.3 e prata en tríatlon de longa distancia) e o estadounidense Rodolphe Von Berg, vencedor o pasado ano no Europeo de Elsinore.
Relacionadas:
-
Gómez Noya queda fóra do podio do Mundial 70.3 de Niza e Dapena remata décimo quinto
Por Redacción |
-
Pablo Dapena repite podio no Challenge de Praga
Por Sofía Lorenzo |
-
Gómez Noya e Dapena soben ao segundo e terceiro chanzo do podio do Europeo Ironman 70.3
Por Sofía Lorenzo |
-
Javi Gómez Noya, bronce nas Series Mundiais de Leeds
Por Redacción |
-
Gómez Noya apúntase á carreira sprint das Series Mundiais en Montreal e soña co seu sexto título
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, clasificado para o Mundial Ironman 70.3 de Niza
Por Sofía Lorenzo |
-
Pablo Dapena segue abonado ao podio ao ser segundo no Challenge de Lisboa
Por Redacción |
-
Gómez Noya queda ás portas do podio nas Series Mundiais de Yokohama
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Pontevedra explota de xúbilo co ouro mundial de Gómez Noya e a prata de Pablo Dapena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |