Bos resultados para o piragüismo pontevedrés na Copa de España Sprint en Verducido
Por Redacción
A semana fantástica para o piragüismo pontevedrés, que comezou coa celebración do Selectivo Nacional en Verducido, tivo como colofón no mesmo escenario, o encoro de Pontillón do Castro, coa segunda Copa de España Sprint da tempada.
Os padexeiros locais conseguiron grandes resultados na casa, confirmando o seu gran momento.
Nas categorías individuais sobre 200 metros Carolina García (Ciudad de Pontevedra) levou a vitoria na final do kaiak feminino, mentres que a súa compañeira de equipo Antía Jácome facía o propio na canoa, mentres que Adrián Sieiro (Piragüismo Poio Pescamar) era segundo ao ser superado polo mallorquino Sete Benavides.
En categoría xuvenil Antía Otero (Ciudad de Pontevedra) conseguía pola súa banda a praza en canoa para disputar o mundial da súa categoría, e Manuel Fontán (Náutico O Muiño) era segundo na proba masculina.
En canto á distancia de 500 metros, Sergio Vallejo (Piragüismo Poio) facíase coa vitoria na final de C-1 e Antía Jácome facíase coa medalla de prata, mentres que en idade xuvenil Manuel Fontán subía ao máis alto do podio con Martín Jácome (Ciudad de Pontevedra) terceiro.
A xornada do domingo estaba reservada para as carreiras das embarcacións dobres, onde destacaron as vitorias de Adrián Sieiro e Sergio Vallejo no C-2 500, do mesmo xeito que Antía Jácome e Jenifer Casal. En idade xuvenil os canoístas do Náutico O Muiño Manuel Fontán e Enrique Costa levaron o bronce en 200 metros, con Alex Bernárdez e Sergio Vallejo (Piragüismo Poio) segundo na carreira de 500 metros.
Ademais disputáronse as finais da modalidade de paracanoe, con Enrique Santana (Breogán) ouro en KL2, Jesús Acuña (Piragüismo Vilaboa) ouro e Silvestre Besada (Piragüismo Cambados) bronce en KS1.
Relacionadas:
-
Os piragüistas Antía e Martín Jácome, recibidos no Concello de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O Pontillón do Castro, sede do kayak polo nacional
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Papel destacado do Breogán do Grove no Nacional de Ríos e Travesías
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés ponse a proba na Copa do Mundo de Duisburg
Por Redacción |
-
Segundo posto para o Ciudad de Pontevedra na Copa de España Cadete de piragüismo celebrada en Verducido
Por Redacción |
-
A Copa de España Cadete, novo evento nacional no encoro de Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés confirma o seu bo momento na última xornada do selectivo nacional
Por Redacción |
-
Antía Jácome, Carolina García e Sergio Vallejo, protagonistas da segunda xornada do selectivo nacional en Verducido
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro, Sergio Vallejo e Antía Jácome selan no selectivo de Verducido a súa clasificación para os Xogos Europeos
Por Diego Espiño |