O Pontillón do Castro, sede do kayak polo nacional
Por Redacción & Diego Torrado
O Pontillón do Castro converteuse, durante esta fin de semana, no punto de encontro dunha boa multitude de padeeiros e, por tanto, na sede do piragüismo nacional.
Un total de 15 clubes procedentes de diferentes zonas da xeografía española reuníronse no encoro de Verducido para tomar parte en, por unha banda, o IV Torneo de Primeira División e, pola outra, no III Torneo de Terceira División de kaiak polo, ambos en categoría absoluta.
A competición comezou na mañá do sábado. Ao redor das 9:00 horas, tras a reunión de delegados, os deportistas do Vallehermoso Retiro, CD Piragüismo Arcos, CN Banyoles, RCN Castellón, RCN. Rodeira (único club galego xunto ao CN Umia) e Club Alaquàs KP formaron os primeiros cruces do día. Disputáronse os partidos clasificatorios durante a mesma xornada, alongándose ata pasadas as 18:30 horas.
Algo máis temperán (8:30 horas) está previsto que empece a actividade este domingo, finalizando a competición ao redor das 14:00, momento no que se realizará, o máis seguro, a entrega de premios.
Consulta as clasificacións do Torneo de Primeira e Terceira División de kayak polo.
Relacionadas:
-
Segundo posto para o Ciudad de Pontevedra na Copa de España Cadete de piragüismo celebrada en Verducido
Por Redacción |
-
Bos resultados para o piragüismo pontevedrés na Copa de España Sprint en Verducido
Por Redacción |
-
O Ría de Aldán comeza a tempada co título de campeón de Galicia de Piragüismo
Por Redacción |