Campelo volve botarse a correr na XXXII edición do Maratón de Fátima
Por Sofía Lorenzo
Campelo volveu botarse a correr. A XXXII edición do Maratón de Fátima, terceira proba do recentemente estreado Circuito de Carreiras Poio Móvese, desenvolveuse durante a tarde deste sábado na localidade. Ademais de contar cun tempo fantástico, sobre todo, tendo en conta a meteoroloxía das xornadas previas, fíxoo tamén con preto de 250 participantes.
A partir das 18:00 horas, a Praza da Granxa, punto de partida da carreira, Camiño da Cachada, Camiño Monte do Cura, Beiramar, Camiño do Cruceiro, Senda e Padre Avelino enchéronse de xente, tanto corredores como curiosos, conseguindo que a cita gozase dun ambiente inmellorable.
O triunfo na categoría absoluta foi para Rafael Fuentes, que completou a carreira en 00:18:45. Acompañáronlle no podio Miguel Daporta e Jacobo Puga. Pola súa banda, entre as mozas a máis rápida foi Beatriz Fernández (00:22:25), seguida de Margarita Villaverde e Silvia Casal.
Os deportistas de categoría absoluta percorreron un total de cinco quilómetros a través dos mencionados lugares. Mentres que os participantes de menor idade realizaron un traxecto de 1.200 metros (no caso dos infantís), 800 metros (os benxamíns) e 400 metros os máis pequenos, que tamén tiveron oco na cita.
Ademais, todo o que non quixo correr tamén puido tomar parte, xa que máis temperán, ás 10:00 horas, partiu da Praza da Granxa a tradicional Andaina Somos Tradición Campelo, de carácter solidario.
Finalmente, ás 18:30 os asistentes puideron gozar da exhibición de Grupo Zumba Campelo e ás 20:00 horas da actuación de Peter Punk Pallaso Teatro.
Consulta as clasificacións do XXXII Maratón de Fátima de Campelo.
Relacionadas:
-
A emblemática maratón de Fátima de Campelo quenta motores
Por Redacción |
-
Unha andaina percorrerá a variante espiritual do Camiño Portugués ao seu paso por Poio
Por Redacción |
-
A quinta edición da Carreira Popular Activa Combarro, última cita do circuíto Poio Móvese
Por Redacción |
-
Raxó prepárase para correr 'pola lingua'
Por Redacción |
-
O Maratón de Fátima en Campelo, terceira parada do Circuíto de Carreiras Poio Móvese
Por Redacción |
-
Poio estrea circuíto de carreiras populares
Por Diego Espiño |