Raxó prepárase para correr 'pola lingua'
Por Redacción
O Circuito de Carreiras Poio Móvese ten unha nova cita na próxima ponte festiva, na que será a cuarta cita do calendario.
Trátase da Carreira Pola Lingua de Raxó, que se disputará o venres 17 de maio coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.
A proba absoluta constará dun percorrido de 3,6 quilómetros con saída e chegada no peirao da localidade, transcorrendo polo frontal costeiro.
A saída da proba sénior darase ás 12:00 horas, pero desde as 11:00 iniciarase a actividade coas carreiras de menores nas diferentes categorías.
Do mesmo xeito que outras citas do circuíto, a inscrición para a Carreira Pola Lingua é de balde, pero debe formalizarse antes deste mércores 15 de maio na web www.championchipnorte.com.