O Maratón de Fátima en Campelo, terceira parada do Circuíto de Carreiras Poio Móvese
Por Redacción
O recentemente estreado Circuíto de Carreiras Poio Móvese chega á terceira cita do seu calendario con todo un clásico nos eventos deportivos do municipio, o Maratón de Fátima en Campelo.
A proba popular, que chega á súa XXXII edición, celebrarase o vindeiro sábado 11 de maio.
Serán un total de 4,9 quilómetros de percorrido dando dúas voltas a un circuíto que partirá da Praza da Granxa para pasar por Camiño da Cachada, Camiño Monte do Cura, Beiramar, Camiño do Cruceiro, Senda e Pai Avelino.
O Maratón de Fátima contará con carreiras de menores desde as 18:00 horas e outra carreira absoluta que terá a súa saída ás 18:45 horas, nunha xornada que terá xogos inchables para os máis pequenos, zumba e a actuación de Peter Panck.
Ademais como novidade realizarase unha andaina ás 10:00 horas cun guía cultural que explicará a historia da parroquia.
As inscricións, aínda que son de balde, deben formalizarse na plataforma www.championchipnorte.com.
Relacionadas:
-
Campelo volve botarse a correr na XXXII edición do Maratón de Fátima
Por Sofía Lorenzo |
-
Éxito na primeira edición da Nocturna Móvete por San Salvador
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O bo tempo e o fantástico ambiente, protagonistas da IV Carreira dos Muíños de Poio
Por Sofía Lorenzo |
-
Poio estrea circuíto de carreiras populares
Por Diego Espiño |