Primeiro título autonómico da tempada para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
Non puido comezar mellor a tempada de campionatos galegos para o Club Waterpolo Pontevedra.
A entidade lerezana conseguiu subir aos seus dous equipos, A e B, ao podio do Campionato Galego Cadete Mixto de Inverno celebrado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e na que levou a medalla de ouro e a de bronce.
O campionato comezou o sábado pola mañá, cos partidos da fase previa de grupos con 6 equipos participantes. O CW Pontevedra A lograba impoñerse nos seus dous partidos do grupo, fronte CN Coruña por 2-20 e 27-1 fronte Asociación Coruñesa, logrando o primeiro posto e o pase á final.
No grupo B o Marina Ferrol venceu os seus dous partidos, primeiro ante o CW Pontevedra B por 2-11 e pola tarde ante o CW Santiago por 8-1. O segundo posto e o pase á loita pola medalla de bronce decidiríase no partido entre CW Santiago e CW Pontevedra B, con vitoria do equipo do Lérez por 2-7.
Xa o domingo disputouse a pelexa polo bronce cun emocionante partido que levou o Pontevedra nos últimos segundos ante a Asociación Coruñesa (8-7). Pola súa banda na gran final os locais venceron ao Marina Ferrol por 10 goles a 4.
Relacionadas:
-
Pleno de triunfos do Waterpolo Pontevedra ante o RCN Vigo
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra cae na Coruña e afástase do primeiro posto da liga
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra organiza o primeiro campionato galego da tempada
Por Redacción |
-
Boa xornada para o Waterpolo Pontevedra en Ourense
Por Redacción |