O Waterpolo Pontevedra organiza o primeiro campionato galego da tempada
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra será un ano máis un dos principais organizadores das competicións organizadas pola Federación Galega de Natación.
Dos 13 campionatos galegos da tempada, 8 organizaraos o club pontevedrés, empezando a próxima fin de semana, o sábado 12 e o domingo 13 de xaneiro.
Nesas datas celebrarase na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva o Campionato Galego Cadete Mixto de Inverno.
Os 6 equipos participantes repartiranse en 2 grupos na fase preliminar, onde xogarán unha liguiña (dous partidos por equipo) ao longo do sábado desde as 11:30 horas. De aí sairán as finais para o domingo pola mañá (desde 9:30 horas), disputándose os postos 5º e 6º os terceiros de grupo, a medalla de bronce os segundos de grupo e a final os primeiros de grupo ás 12:00 horas.
Os equipos participantes, ademais do Waterpolo Pontevedra con dous conxuntos, a Asociación Coruñesa de Waterpolo, CN Coruña , Marina Ferrol e CW Santiago.