Nacho López recibe a alta médica e apúntase á última xornada do ano
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol recupera un dos seus efectivos para a última xornada do ano, a que afrontará este venres (19:00 horas) en Majadahonda ante o Atlético de Madrid B.
Nacho López recibiu a alta médica e súmase á lista de dispoñibles para o técnico. O lateral asturiano completou a sesión celebrada este mércores en Cerponzóns ao mesmo ritmo que os seus compañeiros, superada a rotura de fibras na zona isquiotibial que lle mantivo fóra de xogo nas últimas semanas.
Desta forma os granates só contarán coas baixas por lesión de Javi López e Álex Fernández, polo que Luismi deberá realizar un descarte para completar a convocatoria.
Tamén son positivas as noticias sobre a recuperación de Álex Fernández, co centrocampista incorporándose paulatinamente ao traballo de grupo, aínda que aínda a menor ritmo. En todo caso, "a la vuelta de las vacaciones la idea es que complete las sesiones", recoñeceu o adestrador do equipo.
Pola súa banda, os dous futbolistas que o luns traballaron con precaucións por diversas molestias, como foron Romay e Churre, adestraron sen problemas e poderán viaxar a Madrid se non se producen contratempos de última hora.
Relacionadas:
-
A eficacia do Atlético de Madrid B imponse ao xogo gris do Pontevedra (2-0)
Por Redacción |
-
Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño |
-
Último esforzo do Pontevedra antes das vacacións visitando a un "correoso" Atlético B
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Javi López abre a porta para fichar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra supera a Las Palmas Atlético guiado por un inmenso Kevin Presa (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Javi López rompe o cruzado e estará entre seis e oito meses de baixa
Por Redacción |
-
Nacho López estará entre 3 e 4 semanas K.O.
Por Diego Espiño |