Último esforzo do Pontevedra antes das vacacións visitando a un "correoso" Atlético B
Por Diego Espiño
'Como hemos cambiado', rezaba aquela popular canción de Presuntos Implicados, unha máxima que pode aplicarse o Pontevedra Club de Fútbol, que este venres (19:00 horas) visita para pechar o ano o escenario no que salvou a categoría na última xornada da pasada liga, o Cerro del Espino de Majadahonda, para enfrontarse ao filial do Atlético de Madrid.
Por aquel entón os granates chegaban coa auga ao pescozo, pero agora fano cun obxectivo diametralmente oposto, lograr un triunfo que lles permita afrontar as vacacións de Nadal desde os postos de play-off de ascenso.
"Esperemos que el resultado sea por lo menos el mismo", señana Luismi sobre aquela cita e sobre o próximo compromiso, onde terán diante un rival que tamén "ha cambiado" e que "compite muy bien. Son peleones, un equipo trabajado y defensivamente correoso", analiza o técnico pedindo aos seus "un último esfuerzo antes de irnos al parón".
Nacho López é a principal novidade na expedición que a media mañá deste xoves emprendeu a viaxe a Madrid, e da que cae por decisión técnica Juan Barbeito xunto aos lesionados Javi López e Álex Fernández.
Desta forma os 18 futbolistas que conforman a convocatoria son: Edu Sousa, Ualoloca, Nacho López, Campillo, Churre, Adrián León, David Castro, Nacho Lorenzo, Jesús Barbeito, Kevin, Berrocal, Mouriño, Pedro Vázquez, Pibe, Álex González, Romay, Javi Pazos e Arruabarrena.
Se o Pontevedra chega á cita en bo momento, tras catro vitorias consecutivas en liga, tamén o fai o Atlético de Madrid B, que desde a sétima posición con 25 puntos acumula catro xornadas sen perder (tres triunfos e un empate).
O colexiado do encontro será o estremeño Guillermo Conejero Sánchez.
Relacionadas:
-
A eficacia do Atlético de Madrid B imponse ao xogo gris do Pontevedra (2-0)
Por Redacción |
-
Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño |
-
Nacho López recibe a alta médica e apúntase á última xornada do ano
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Javi López abre a porta para fichar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra supera a Las Palmas Atlético guiado por un inmenso Kevin Presa (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |