A lesión de Javi López abre a porta para fichar
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol poderá acudir ao mercado de fichaxes nas próximas semanas sen ter que dar ningunha baixa federativa.
A directiva granate xa sondaba as opcións que ofrecía o mercado para reforzar ao equipo ante a segunda volta da competición, pero tras a grave lesión de Javi López, que estará entre 6 e 8 meses de baixa tras por unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo, esta posibilidade gañou moitos enteiros.
Ata o de agora o Pontevedra tiña todas as fichas sénior ocupadas, e só podía incorporar algún xogador en idade sub-23 se non se producía algunha saída previa. Con todo, co extremo andaluz fóra de combate ata final de tempada, poderase usar esa ficha mesmo sen esperar a que abra o período habilitado pola Real Federación Española de Fútbol durante o próximo mes de xaneiro.
A incógnita agora pasa por ver que parcela reforzará a dirección deportiva, se o posto en banda que ocupaba Javi López ou outra demarcación, na medular ou mesmo na parcela defensiva.
ROMAY E CHURRE, ENTRE ALGODÓNS
Na última semana de actividade do ano, a atención na parcela deportiva céntrase no estado de dous futbolistas, Romay e Churre, que terminaron con molestias o encontro do pasado domingo ante o Las Palmas Atlético. No caso do centrocampista a acta arbitral chegou a reflectir que "resultou lesionado na súa perna dereita".
Romay padece unha leve tendinite, mentres que Víctor Vázquez 'Churre' arrastra molestias musculares que lle impediron exercitarse este luns. A súa evolución nas próximas horas, tras a xornada de descanso deste martes, marcará a súa dispoñibilidade para o último compromiso ligueiro de 2018, o venres no campo do Atlético de Madrid B.
Relacionadas:
-
A eficacia do Atlético de Madrid B imponse ao xogo gris do Pontevedra (2-0)
Por Redacción |
-
Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño |
-
Último esforzo do Pontevedra antes das vacacións visitando a un "correoso" Atlético B
Por Diego Espiño |
-
Nacho López recibe a alta médica e apúntase á última xornada do ano
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra supera a Las Palmas Atlético guiado por un inmenso Kevin Presa (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Javi López rompe o cruzado e estará entre seis e oito meses de baixa
Por Redacción |