Javi López rompe o cruzado e estará entre seis e oito meses de baixa
Por Redacción
Grave contratempo para o Pontevedra. A lesión sufrida por Javi López o mércores no regreso aos adestramentos é máis grave do esperado no club, pois sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior que lle manterá de baixa un mínimo de medio ano.
Segundo informou o director médico do Pontevedra, José Barragáns, tras a exploración clínica e as probas de imaxe realizadas, confírmase un esquince grave de xeonllo con afectación parcial de ligamentos colaterais e rotura practicamente total do ligamento cruzado anterior.
Javi López deu un mal xiro no adestramento no campo de fútbol de Cerponzóns polo que sufriu unha lesión aguda no xeonllo dereito.
Nun primeiro momento, confiábase en que se tratara tan só dunha escordadura, pero as probas confirmaron o peor dos prognósticos. Este mesmo venres realizóuselle unha resonancia magnética que terminou no diagnóstico sinalado.
O doutor Barragáns tamén anunciou que a lesión esixirá o paso de Javi López polo quirófano e que o o tempo aproximado de baixa deportiva alcanzará os seis ou oito meses, en función da evolución clínica.
Relacionadas:
-
Javi López pasa polo quirófano e xa pensa na súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño |
-
Nacho López recibe a alta médica e apúntase á última xornada do ano
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Javi López abre a porta para fichar
Por Diego Espiño |
-
Asalto do Pontevedra aos postos de play-off
Por Diego Espiño |
-
Javi López lesiónase e fai saltar as alarmas
Por Diego Espiño |