Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño
Unha lesión grave como a sufrida por Javi López no seu xeonllo nunca chega en bo momento, pero para o xogador granate "ha coincidido cuando mejor me estaba encontrando, cuando más confianza estaba teniendo".
O extremo andaluz compareceu este xoves para explicar as súas sensacións nun momento "duro" no que o único que pensa é "en recuperarte bien".
Estes días o seu traballo céntrase en fortalecer a musculatura do xeonllo danado antes de pasar polo quirófano, unha operación que se realizará tras as vacacións do Nadal, concretamente o día 8 de xaneiro no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez a cargo dos servizos médicos do club co doutor Barragáns á fronte. Despois empezará unha longa recuperación, estimada entre 6 e 8 meses, que realizará na Boa Vila.
"Tanto los compañeros, cuerpo técnico y todo el público en general me lo están haciendo bastante fácil, son los primeros que me están apoyando día a día", recoñeceu Javi López, que sen marcarse prazos pensa "en llegar a la pretemporada" plenamente recuperado.
Trátase da primeira lesión grave da súa carreira "y esperemos que la última", puntualiza antes de sinalar que "ahora voy a ser un aficionado más y apoyaré en todo lo que pueda", confiando en que os seus compañeiros poidan manter a boa marcha das últimas semanas e consolidarse na zona alta da táboa.
ROBERTO FEÁNS FALA DA POSIBILIDADE DE REFORZAR O EQUIPO
Javi López estivo acompañado en rolda de prensa polo conselleiro do Pontevedra responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, quen recoñeceu que "es verdad que con la lesión de Javi nos quedamos un poco mermado de efectivos" ante unha "segunda parte de la liga va a ser muy exigente".
Por ese motivo o club analizará nos próximos días as necesidades do equipo e "valoraremos en qué posiciones podemos intentar mejorar lo que tenemos", sinalou o directivo granate.
Con todo trátase dunha situación "cómoda, totalmente distinta a la del año pasado en la que teníamos necesidad", e iso achega certa dose de calma aos movementos que se poderían realizar.
O que ten claro Feáns é que "ahora mismo no valoramos ninguna salida a no ser que algún jugador nos lo pida". Ademais o conselleiro mostrou pesadume pola baixa asistencia dos últimos partidos en Pasarón asegurando que "notamos el ambiente un poco frío en el estadio" que contrasta coa boa situación clasificatoria.
Relacionadas:
-
Javi López pasa polo quirófano e xa pensa na súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Luismi, satisfeito porque o plantel "se cuidó en vacaciones"
Por Diego Espiño |
-
Ánimos renovados na volta ao traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A eficacia do Atlético de Madrid B imponse ao xogo gris do Pontevedra (2-0)
Por Redacción |
-
Último esforzo do Pontevedra antes das vacacións visitando a un "correoso" Atlético B
Por Diego Espiño |
-
Nacho López recibe a alta médica e apúntase á última xornada do ano
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Javi López abre a porta para fichar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra supera a Las Palmas Atlético guiado por un inmenso Kevin Presa (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Javi López rompe o cruzado e estará entre seis e oito meses de baixa
Por Redacción |