Sabela Delgado e Enrique Morán impóñense no DepoDesafío BTT en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Cerdedo-Cotobade foi escenario este domingo da penúltima proba do DepoDesafío 2018 que impulsa a Deputación de Pontevedra, cunha carreira de ciclismo BTT.
Preto dun cento de ciclistas tomaron parte na competición, con 35 quilómetros de percorrido.
Enrique Morán foi o gañador na categoría masculina cun tempo de 1 hora, 19 minutos e 51 segundos, seguido de Brais Misa a 25 segundos e de Aarón Mallo a 7 minutos e 40 segundos do gañador.
Pola súa banda na proba feminina impúxose Sabela Delgado (2 horas, 7 minutos e 36 segundos), con case 7 minutos de renda sobre a segunda clasificada, Ariana González.
Tras esta cita de BTT, xunto á carreira a pé entre Tomiño e A Guarda, a travesía a nado no Grove e o trail na Cañiza, Ariana González e Brais Misa lideran a clasificación xeral do DepoDesafío 2018 a falta dunha competición de tríatlon en Vigo.