O Depo Desafío 2018 levanta o pano
Por Redacción
Mentres Cerdedo-Cotobade e O Grove esperan a súa quenda, o Depo Desafío 2018 ponse en marcha este domingo 22 de xullo coa primeira das súas cinco probas.
A iniciativa deportiva que promove a Deputación estréase cunha carreira de 14 quilómetros a beiras do río Miño que terá saída en Tomiño (10:30 horas) e concluirá aos pés do monte de Santa Tecla, na Guarda.
Tomará a testemuña o 12 de agosto a segunda das citas cunha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítimo do Grove e a illa da Toxa.
Despois, por esta orde, chegará un trail de 15 quilómetros na Cañiza, unha proba BTT de 35 quilómetros en Cerdedo-Cotobade (16 de setembro) e un tríatlon en distancia sprint na praia viguesa de Samil.
En xogo estará, ademais da vitoria en cada unha das citas, o trofeo de gañador do Depo Desafío 2018 ao home ou muller que conclúa polo menos catro das carreiras cun maior número de puntos, e que terá como recompensa un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, que inclúe voo e aloxamentos.
As inscricións para a primeira cita permanecerán abertas ata as 14:00 horas este venres 20 de xullo (www.depo.gal) a un prezo de 30 euros para participar nos cinco desafíos ou de 10 euros para un só deles.
Relacionadas:
-
Sabela Delgado e Enrique Morán impóñense no DepoDesafío BTT en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Silvia González e Ricardo Rey, vencedores no Grove na travesía a nado do DepoDesafío
Por Redacción |
-
Unha travesía a nado no Grove, segunda parada do 'DepoDesafío'
Por Redacción |
-
Un medio maratón, BTT, trail, tríatlon e unha travesía a nado, así é o "Depo Desafío 2018"
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |