Silvia González e Ricardo Rey, vencedores no Grove na travesía a nado do DepoDesafío
Por Redacción
O Concello do Grove acolleu este domingo a segunda proba do "DepoDesafío 2018", cunha travesía a nado entre a vila meca e a illa da Toxa.
Tras nadar 1.200 metros pola ría de Arousa o primeiro en cruzar a meta foi Ricardo Rey, cun tempo de 18 minutos e 14 segundos. Ricardo, actual líder da xeral do "DepoDesafío 2018", foi o dominador da travesía impoñéndose con case un minuto de vantaxe sobre Alexandre Rodríguez. A segunda posición na xeral é polo momento para Enrique Morán, con 55 puntos menos que o líder.
En categoría feminina a gañadora foi Silvia González, que completou o percorrido en 20 minutos e 32 segundos, 44 segundos máis rápida que Raquel Lago, segunda. Tras esta proba no Grove a líder da clasificación xeral é Mónica Mezquita, con 360 puntos, e a segunda é Ariana González, con 315.
O seguinte desafío da lista nesta iniciativa deportiva da Deputación será un trail no concello da Cañiza o próximo domingo 26 de agosto.