O SAPO consegue unha medalla de bronce no Nacional Absoluto de salvamento
Por Redacción
Despois duns anos de seca, o Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO), volveu a subir ao podio cun dos seus equipos no Campionato de España Absoluto.
Fíxoo na competición celebrada en Noja, Cantabria, co seu equipo masculino, que finalizou terceiro na proba de remuda ocean e contou con posibilidades de facerse co ouro.
No seu conxunto o SAPO foi undécimo no campionato cun equipo moi novo, no que competiron Sara Iglesias, Bruna Nyckelle e Ángela Peleteiro na categoría feminina e Anxo López, Jorge Calvo, David Bemposta e Martín Tenorio na masculina.
Nunhas condicións climáticas adversas cabe destacar os resultados noutras probas, como a de rescate con táboa de salvamento na que as mozas foron oitavas e os mozos sétimos, repetindo estes últimos o oitavo posto na proba de remuda con tubo de salvamento.
Ademais Bruna Nyckelle reivindicouse na proba de carreira con esquí de salvamento, na que rozou a medalla ao ser cuarta.
Tras esta cita, a tempada para o SAPO concluirá co Campionato de España de salvamento de longa distancia en Valladolid o primeiro fin de semana de setembro.
Relacionadas:
-
O SAPO terá representación no Surf Rescue Challenge de Sudáfrica
Por Almu Dapena |
-
Os pequenos do SAPO mostran o seu potencial no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
O Salvamento Acuático Pontevedra inicia tempada cunha xornada de exhibición na praia fluvial
Por Redacción |
-
O Salvamento Sanxenxo regresa con dúas pratas do Nacional de Longa Distancia
Por Redacción |