O Salvamento Acuático Pontevedra inicia tempada cunha xornada de exhibición na praia fluvial
Por Redacción
O SAPO, Club Salvamento Acuático Pontevedra, dará comezo este sábado 29 de setembro a unha nova tempada deportiva cunha xornada de portas abertas.
Esta xornada desenvolverase entre as 10:00 e as 14:00 horas na praia fluvial do río Lérez.
Alí o adestrador Carlos Montero e nadadores do club explicarán aos presentes as claves do salvamento deportivo e convidaranos a participar e competir nas diferentes actividades organizadas.
Bandeiras e carreira en praia, nadar e carreira con táboa en auga son algunhas das actividades que se van a desenvolver durante a xornada de portas abertas, dirixida a nenos e adultos.