Os pequenos do SAPO mostran o seu potencial no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción
Os valores máis novos do Club Salvamento Pontevedra (SAPO) deron a talla no Campionato Galego de Inverno celebrado en Carballo.
Con só once integrantes, un número inferior a outros clubs, os lerezanos alzáronse co quinto posto no ránking alevín e o terceiro en categoría cadete, referendado con oito medallas e unha boa actuación en todas as probas.
Os alevíns Mencía Castaño, Mateo Fraga, Pablo Bethencourt, Xurxo Lorenzo, David Fernández e Antón Castaño; a infantil Begoña Martínez; e os cadetes Uxía Lorenzo, Iria Lloveres, Celia Lima, Uxía Agís e Anxo Logroño foron os encargados de defender o club pontevedrés na competición autonómica.
Mención especial merece a cadete Celia Lima, ao lograr un ouro en 100 metros arrastre maniquí con aletas e tres medallas de bronce en 200 metros obstáculos, en combinada e en 50 metros remolque maniquí.
O equipo cadete sumou ademais tres medallas nas remudas, cun ouro en 4x25 arrastre maniquí, unha prata en 4x50 metros con aletas e un bronce no 4x50 obstáculos.
Completou o medalleiro do SAPO o alevín Xurxo Lorenzo cun bronce en 50 metros remolque maniquí con aletas.