O Teucro completa plantel renovando a Iván Fernández antes de volver aos adestramentos
Por Diego Espiño
Iván Fernández seguirá sendo xogador da Sociedad Deportiva Teucro o próximo curso. Así o confirmou este domingo o club azul, un día antes de volver ao traballo co inicio da pretempada.
O xogador de Poio, que actualmente se recupera dunha lesión de xeonllo co obxectivo de estar plenamente recuperado en setembro, xogará así por terceiro ano na máxima categoría co Teucro, club ao que chegou no ano 2012.
Os azuis completan así o seu plantel, no que Iván terá un peso importante no extremo esquerdo tras a saída do capitán Carlos García. Compartirá esta posición con Carlos Gehrardt e o vigués Diego Prada, que compaxinará o primeiro equipo co filial.
O pasado curso Fernández disputou 26 partidos na Liga Asobal anotando 39 goles.
VOLTA AO TRABALLO
Con este último movemento, o Teucro xa ollea o inicio da pretempada coa volta aos adestramentos prevista para este luns 30 de xullo.
Os xogadores do equipo pontevedrés están citados ás 10:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes, onde está prevista unha breve charla de presentación antes de saltar á pista e realizar a primeira sesión do curso ás ordes de Luís Montes.
Relacionadas:
-
O Teucro cambia o pavillón pola area da Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Primeira subida de prezos nos carnés do Teucro nos últimos nove anos
Por Diego Espiño |
-
Bota a andar o novo proxecto do Teucro coa permanencia como gran obxectivo
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro debutará en liga no Municipal ante un rival directo pola permanencia, o Sinfín
Por Redacción |
-
Savia nova para o Teucro coa renovación de Samuel Pereiro e a fichaxe de Diego Prada
Por Redacción |
-
O extremo Carlos Gehrhardt seguirá no Teucro un ano máis
Por Redacción |
-
VIDEO.- Carlos García: "A día de hoy no tengo oferta de renovación por parte del club"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |