Savia nova para o Teucro coa renovación de Samuel Pereiro e a fichaxe de Diego Prada
Por Redacción
A SD Teucro segue dando pasos para completar o plantel da próxima tempada. Os últimos movementos teñen como protagonistas a dous xogadores moi novos.
O conxunto azul anunciou este luns o acordo alcanzado coa primeira liña Samuel Pereiro para renovar o seu contrato e permanecer no club durante as dúas próximas tempadas.
O xogador do Porriño, de 21 anos, chegou á disciplina azul o pasado verán. Compaxinou o filial de Primeira Nacional co primeiro equipo, co que xogou 18 partidos en Asobal.
Esta tempada, Samuel Pereiro tamén fará a pretemporada ás ordes de Luís Montes e posteriormente xogará tanto no filial como no equipo de Asobal.
Na mesma situación estará o extremo esquerdo vigués Diego Prada, que chega ao conxunto pontevedrés procedente do Academia Octavio.
Diego Prada, de 19 anos, a pasada tempada meteu 96 goles en 29 partidos. Tras a súa boa estrea en Primeira Nacional ficha polo Teucro, onde xogará as dúas próximas tempadas.
Relacionadas:
-
Bota a andar o novo proxecto do Teucro coa permanencia como gran obxectivo
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro completa plantel renovando a Iván Fernández antes de volver aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
O Teucro debutará en liga no Municipal ante un rival directo pola permanencia, o Sinfín
Por Redacción |
-
O extremo Carlos Gehrhardt seguirá no Teucro un ano máis
Por Redacción |
-
VIDEO.- Carlos García: "A día de hoy no tengo oferta de renovación por parte del club"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |