Primeira subida de prezos nos carnés do Teucro nos últimos nove anos
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro presentou este xoves a súa nova campaña de abonados, que leva un aumento nos prezos que "creo que el socio va a entender", sinalou Carlos García-Alén.
O dirixente azul defende a "primera subida que hacemos en los 9 años que llevo de presidente" debido a unha situación na que "necesitamos su apoyo".
Desta forma, e baixo o lema "Ti es a peza máis importante", o Teucro deseñou un particular 'quebracabezas' co que quere "que toda la gente que venga al pabellón se sienta importante", explicou Laura del Castillo, ideóloga da campaña.
Os carnés e as entradas para os partidos de liga poderán adquirirse a través da internet
Os prezos serán de 200 euros en categoría familiar (agasallo incluído), 120 euros na categoría sénior e 70 euros para estudantes, xubilados e parados, lixeiramente superiores aos do pasado ano, mentres que nas categorías xuvenil e infantil os carnés seguirán sendo de 35 e 15 euros respectivamente.
Ademais quérese impulsar a figura do peñista, creando unha categoría específica por 100 euros o abono (8 membros mínimo).
Como novidade, tanto os carnés como as entradas para os partidos de liga poderán adquirirse a través da internet, na web do club www.teucro.com, onde se poderá completar o trámite esixido este ano pola nova lei de protección de datos, que debe ser individual.
A campaña de socios do club azul iniciarase o vindeiro luns 6 de agosto na propia web, nas oficinas do Pavillón Municipal dos Deportes (luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e martes e xoves de 16:30 a 19:00 horas) e en días sinalados con accións na rúa no quiosco da rúa Rosalía de Castro, próximo á Praza de San José.
O obxectivo teucrista pasa por superar a cifra de 1.314 socios rexistrados a pasada tempada e aos poucos, ir achegándose á ambiciosa cifra de 2.000 abonados.
Relacionadas:
-
Luís Montes, satisfeito coa adaptación dos recentemente chegados
Por Redacción |
-
Segunda vitoria na pretempada do Teucro, esta vez ante o Ismai portugués
Por Redacción |
-
O Teucro estrea pretempada gañando ante o Novás
Por Redacción |
-
Bota a andar o novo proxecto do Teucro coa permanencia como gran obxectivo
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro completa plantel renovando a Iván Fernández antes de volver aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
O Teucro debutará en liga no Municipal ante un rival directo pola permanencia, o Sinfín
Por Redacción |