Pablo Rey vence na XVIII Subida a Escusa e dá emoción ao Campionato Galego
Por Redacción & Diego Torrado
Haberá emoción ata o final no Campionato Galego de Montaña, na proba que pecha o calendario o 7 e 8 de outubro na Estrada.
Chegaba Alexis Viéitez (Buxa Motor Poio) coa opción de pechar o título na proba da casa, na XVIII edición da Subida a Escusa que organiza a súa propia escuadra, pero unha avaría mecánica na segunda manga oficial obrigoulle a retirarse.
A incidencia aproveitouna Pablo Rey (T.Martínez Racing) para facerse co triunfo na Escusa, carreira que como sempre contou cunha grande presenza de afeccionados ao motor ao longo do seu percorrido, tanto o sábado como o domingo.
Rey, que chegou como líder ao termo da primeira xornada, tivo que empregarse a fondo ata a cuarta e última pasada cronometrada, na que avantaxou en dous segundos aos seus principais rivais.
Jesús Pombo (Congostra Team) concluíu en Poio na segunda posición a 3,6 segundos, colocándose como novo líder do campionato, mentres o terceiro caixón do podio foi para Jacobo Sobral (Integral Motor Sport).
Consulta aquí a clasificación final oficial da XVIII Subida a Escusa.
Relacionadas:
-
A Escusa, unha subida "a lume de carozo"
Por Diego Espiño |
-
O título galego, en xogo na XVIII Subida a Escusa
Por Diego Espiño |
-
Dominio absoluto de Alexis Viéitez na I Subida Cerdedo-Cotobade
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alexis Viéitez repite triunfo na Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alexis Viéitez confirma o seu dominio e adxudícase a súa terceira Subida Cidade de Pontevedra consecutiva
Por Diego Espiño & Diego Torrado |