A Escusa, unha subida "a lume de carozo"
Por Diego Espiño
"A lume de carozo", reza o lema co que a Escudería Buxa Motor promociona a XIX edición dun clásico do automobilismo galego, a Subida á Escusa.
Así se pode ler nas camisetas que poñerán á venda durante a competición e así se poderá ver en directo durante o sábado 15 e o domingo 16 de setembro na estrada que une O Sartal co Monte Castrove.
A proba, de novo incluída no Campionato Galego de Montaña, incrementa a súa participación ata os 76 pilotos inscritos, que frontarán dúas mangas de adestramentos e catro oficiais repartidos durante as dúas xornadas.
Os motores ruxirán na Escusa a partir das 15:30 horas do sábado e a partir das 9:30 horas do domingo.
Entre os participantes destaca o local Alexis Viéitez, líder do campionato e que busca sacar a "espiña cravada" que supuxo o seu abandono hai un ano por unha rotura de motor, segundo confesou na presentación da Subida. Viéitez deixaría practicamente sentenciado o título autonómico no caso de vencer en Poio.
A Escudería Buxa Motor pediu un ano máis a colaboración dos afeccionados en materia de seguridade, seguindo as indicacións en todo momento da organización evitando posicionarse as zonas prohibidas.
Relacionadas:
-
Alexis Viéitez faise coa vitoria na Subida á Escusa e encarrila o título galego
Por Redacción |
-
Os motores roxen na Escusa nunha nova edición da súa subida automobilística
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alexis Viéitez non dá opción aos seus rivais ao vencer nas dúas mangas finais da Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Póker de vitorias consecutivas para Alexis Viéitez nunha renovada Subida Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Incontestable triunfo de Alexis Viéitez na II Subida a Cerdedo-Cotobade
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pablo Rey vence na XVIII Subida a Escusa e dá emoción ao Campionato Galego
Por Redacción & Diego Torrado |