O Meeting Rías Baixas despedirá aos olímpicos galegos "batendo récords"
Por Oskar Viéitez
O 28 de xullo celebrarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o primeiro Meeting Rías Baixas.
Esta singular cita, organizada polo Club Atletismo Rías Baixas e patrocinado polo Concello de Pontevedra, contará coa participación da capitá da selección española e actual subcampioa do mundo Ruth Beitia nunha proba de altura de extraordinario nivel.
Xunto a ela contarase con moitas estrelas do atletismo español, algunhas das cales estará en Río de Janeiro aos poucos días, sendo Pontevedra a última competición da tempada en España.
O Meeting leva o lema "algo diferente" e segundo explicou Gonzalo Méndez, portavoz da organización, "es de lo que se trata, de una competición de alto nivel pero diferente, en la que habrá cabida para el espectáculo, algo fundamental si tratamos de llevar al público a engancharse a un deporte de enorme tradición en nuestra ciudad".
Haberá música e mesmo varios centros de ensino están a ensaiar un flashmob.
Igualmente una das grandes atraccións do evento será a despedida dos deportistas galegos que acoden aos Xogos Olímpicos, desde Javier Gómez Noya, María Vilas, Teresa Germade, Támara Echegoyen ou Fernando Echávarri. Sen dúbida será difícil que estean todos pero a organización vaino tentar.
Gonzálo Méndez destacou que os atletas galegos serán a "prioridade absoluta" para a organización"un mínimo de cuatro atletas por prueba estarán presentes en el Meeting". Como respaldo, na rolda de prensa celebrada na Praza da Verdura participaron na presentación deste evento os campións nacionais: Solange Pereira, Lidia Parada e Jean Maríe Okutu.
Ademais tentarase bater un "record de solidaridad" cunha recollida de comestibles para o Banco de Alimentos.
Relacionadas:
-
Cancelan o I Meeting Rías Baixas por "falta de apoios"
Por Diego Espiño |
-
A organización do Meeting Rías Baixas avanza con paso firme
Por Redacción |
-
Presentada en sociedade a Asociación Meeting Rías Baixas
Por Redacción |
-
Traballan na creación dunha gran reunión atlética na cidade, o Meeting Rías Baixas
Por Diego Espiño |