A organización do Meeting Rías Baixas avanza con paso firme
Por Redacción
O comité organizar do Meeting Rías Baixas avanza con paso firme na procura de apoios económicos que permita congregar en Pontevedra á elite do atletismo galego e nacional.
A cita celebrarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o próximo 28 de xullo, a poucos días da celebración dos Xogos Olímpicos, sempre que o permita o estado da pista de atletismo, afectada agora pola aparición de burbullas de aire na súa recta principal.
Entre os atletas confirmados atópase a imaxe da competición e unha das mellores atletas nacionais de todos os tempos, a saltadora de altura cántabra Ruth Beitia.
Tras pechar coa Televisión de Galicia un acordo para a retransmisión en directo da competición, a organización conseguiu a axuda de firmas como Froiz, Jim Sport e agora tamén o centro de xardinería O Piñeiro e Óptica Gómez Lor.
Relacionadas:
-
Ao mundial de atletismo de Doha vaise por Marín
Por Redacción |
-
O Meeting Rías Baixas despedirá aos olímpicos galegos "batendo récords"
Por Oskar Viéitez |
-
Presentada en sociedade a Asociación Meeting Rías Baixas
Por Redacción |
-
"Facerlle a vida máis doada aos atletas galegos", obxectivo da Asociación Meeting Rías Baixas
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Traballan na creación dunha gran reunión atlética na cidade, o Meeting Rías Baixas
Por Diego Espiño |