Presentada en sociedade a Asociación Meeting Rías Baixas
Por Redacción
A Asociación Meeting Rías Baixas é xa unha realidade que, desde este xoves, coñecen as persoas máis interesadas na súa posta en marcha, os atletas pontevedreses.
Unha boa representación deles, incluídos a mediofondista Solange Pereira ou o decatleta David Gómez, foron caras visibles da presentación en sociedade levada a cabo no Hotel Rías Bajas de Pontevedra.
A Asociación, impulsada por Gonzalo Méndez, Raúl Bretal e David Ferrer, nace co principal obxectivo de axudar ao atleta, ou procura de competicións ou de financiamento para acudir a probas nacionais e internacionais.
No Hotel Rías Bajas atopábanse tamén Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega, e Raúl Chapado, ambos os cadidatos a presidir a Federación Española de Atletismo.
Ademais de tentar crear unha boa infraestrutura para a base, a ascociación organizará en Pontevedra o 28 de xullo o Meeting Rías Baixas, cita na que esperan reunir a boa parte dos mellores atletas galegos e nacionais a poucos días dos Xogos Olímpicos de Río.
Relacionadas:
-
Ao mundial de atletismo de Doha vaise por Marín
Por Redacción |
-
Cancelan o I Meeting Rías Baixas por "falta de apoios"
Por Diego Espiño |
-
O Meeting Rías Baixas despedirá aos olímpicos galegos "batendo récords"
Por Oskar Viéitez |
-
A organización do Meeting Rías Baixas avanza con paso firme
Por Redacción |
-
"Facerlle a vida máis doada aos atletas galegos", obxectivo da Asociación Meeting Rías Baixas
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Traballan na creación dunha gran reunión atlética na cidade, o Meeting Rías Baixas
Por Diego Espiño |