Dous puntos de ouro para BM Pontevedra ante BM Artabro (36-24) e nova derrota de Poio Artai (29-25) en Porriño
Por Redacción
BM Pontevedra recibía a visita dun rival directo pola permanencia como BM Artabro Novo Mesoiro, nun partido clave para ambos os equipos. Os de Pedro Pérez lograron unha vitoria fundamental, con máis contundencia da prevista que deixa aos coruñeses, xunto ao Poio Artai nos postos de descenso, mentres o equipo pontevedrés incorpórase ao cada vez máis numeroso grupo de equipos que buscan a zona tranquila da táboa.
Tras uns comezos de partido con lixeiros titubeos, pronto os locais empezaron a abrir oco, conseguindo chegar xa ao ecuador do primeiro tempo cunha cómoda vantaxe (12-7). BM Artabro reaccionaría lixeiramente chegando a poñerse de novo a dous goles, pero os pontevedreses non permitirían máis alegrías, retirándose ao descanso con catro goles de renda (18-14).
O partido decantouse definitivamente ao lado local a partir do minuto 5 do segundo tempo. Con 21-17 no luminoso, BM Pontevedra apertou logrando un parcial de 7-0 en apenas dez minutos e poñerse cun claro 28-17 favorable, para entrar no últimos quince minutos nun intercambio de goles ata chegar a ese claro 36-24 final.
Consulta aquí as estatísticas completas do partido.
POIO ARTAI PAGA COA DERROTA O SEU MAL COMEZO EN PORRIÑO
Mellorou no seu xogo o Poio Artai con relación a xornadas anteriores, pero non puido evitar unha nova derrota. Esta vez foi o Porriño quen se aproveitou dun mal primeiro tempo para quedar cos dous puntos ao vencer por un apertado 29-25.
O Poio Artai comezou mal, indo sempre a remolque desde o asubío inicial. Os porriñeses lograron pronto unha vantaxe de seis goles coa que se foron ao descanso (15-9).
Na segunda parte as forzas igualáronse e os visitantes reduciron lixeiramente a súa desvantaxe, mellorando notablemente a súa achega ofensiva, pero non chegaron a poñer en perigo o triunfo local, co que seguen sen puntuar nesta tempada.
Relacionadas:
-
Sen opcións BM Pontevedra en Chapela (29-19) nin Poio Artai ante Seis do Nadal Coia (17-33)
Por Redacción |
-
Derrotas claras de BM Pontevedra ante Luceros (22-28) e Poio Artai na Cañiza (32-25)
Por Redacción |
-
Calvo Xiria non dá opción a BM Pontevedra (33-22) e Poio Artai cede ao final fronte a Lavadores (23-29)
Por Redacción |
-
Granitos Ibéricos supera a BM Pontevedra (29-27) e Poio Artai sofre outra malleira (18-32) a mans de OAR Coruña
Por Redacción |
-
Atlético Novas impón a lóxica fronte a BM Pontevedra (21-29) e Poio Artai perde unha final en Redondela (33-14)
Por Redacción |
-
BM Pontevedra leva o derbi de necesitados ao impoñerse (20-23) ao Poio Artai
Por Redacción |