Granitos Ibéricos supera a BM Pontevedra (29-27) e Poio Artai sofre outra malleira (18-32) a mans de OAR Coruña
Por Redacción
Segue sufrindo BM Pontevedra as consecuencias do seu curto número de efectivos. Nesta ocasión Pedro Pérez só contou con 11 xogadores e pagouno coa derrota en Carballal, onde Granitos Ibéricos foi inferior no primeiro tempo, pero aproveitouse no segundo para remontar e levar unha vitoria que os pontevedreses maquillaron ao final.
O BM Pontevedra comezou ben. Alberto Santiago e Miguel Roibas conducían ao equipo co seu acerto no lanzamento, o que lles permitía manter a igualdade e mesmo gozar de lixeiras vantaxes que se esfumaron no últimos cinco minutos antes do descanso cun parcial de 4-1 que permitío a Granitos Ibéricos irse ao vestiario con vantaxe.
A segunda parte tivo un claro dominador. O equipo vigués foise pronto con cinco goles de vantaxe, cun Abel Carreira imparable (11 goles), que serían incalcanzables para os visitantes, que só puideron achegarse ao final, pero sen chegar a poñer en perigo a vitoria local.
Consulta aquí as estatísticas completas do partido.
SEGUE POIO ARTAI CONTANDO OS SEUS PARTIDOS POR MALLEIRAS
O do Poio Artai empeza a non ser noticia. Cada un dos seus partidos termina cunha dolorosa e avultada derrota. Nesta ocasión foi OAR Coruña o visitante de quenda na Seca, que levou o triunfo case sen esforzo por un 18-32 que o di practicamente todo.
O resultado ao descanso xa deixaba claro o que ía suceder (9-16). A segunda metade foi un trámite, sen que OAR tivese que empregarse a fondo en ningún momento para ir ampliando a súa vantaxe.
Relacionadas:
-
Derrotas claras de BM Pontevedra ante Luceros (22-28) e Poio Artai na Cañiza (32-25)
Por Redacción |
-
Calvo Xiria non dá opción a BM Pontevedra (33-22) e Poio Artai cede ao final fronte a Lavadores (23-29)
Por Redacción |
-
Dous puntos de ouro para BM Pontevedra ante BM Artabro (36-24) e nova derrota de Poio Artai (29-25) en Porriño
Por Redacción |
-
Atlético Novas impón a lóxica fronte a BM Pontevedra (21-29) e Poio Artai perde unha final en Redondela (33-14)
Por Redacción |
-
BM Pontevedra leva o derbi de necesitados ao impoñerse (20-23) ao Poio Artai
Por Redacción |
-
Sete minutos de descoido colectivo cústanlle o partido ao BM Pontevedra (23-28) ante BM Lalín
Por Redacción |