BM Pontevedra leva o derbi de necesitados ao impoñerse (20-23) ao Poio Artai
Por Redacción
Partido entre dous equipos con urxencias para puntuar. Poio Artai, co seu marcador a cero, e BM Pontevedra, con só unha vitoria no seu haber, enfrontábanse na Seca nun choque vital se temos en conta as súas traxectorias no presente campionato, que os sinalan como claros candidatos aos postos de descenso.
E ambos confirmaron as espectativas. BM Pontevedra foi lixeiramente mellor, pero uns e outros seguen apuntando alarmantes carencias no seu xogo que fan mirar o seu futuro na categoría con moita preocupación.
Os visitantes levaron a iniciativa durante a práctica totalidade do partido (o Poio Artai só puido poñerse por diante no 1-0), pero sen conseguir despegarse con claridade. Os homes de Dani Rey o máis que conseguiron foi poñerse a un gol de distancia dos de Kiko Pazos, que abriron brecha a partir do minuto 24 (9-10), conseguindo un parcial ata o descanso e nos primeiros compases do segundo tempo de 0-5, para poñerse cun claro 9-15 (minuto 32), que lles permitiu afrontar o resto do partido sen grandes apuros.
A falta de algo máis de tres minutos Poio Artai chegaría a colocarse a dous de distancia, pero aí acabouse a súa capacidade de reacción. Incapaz de volver marcar, Borja Barco pecharía o partido poñendo o definitivo 20-23 no marcador.
Relacionadas:
-
Dous puntos de ouro para BM Pontevedra ante BM Artabro (36-24) e nova derrota de Poio Artai (29-25) en Porriño
Por Redacción |
-
Granitos Ibéricos supera a BM Pontevedra (29-27) e Poio Artai sofre outra malleira (18-32) a mans de OAR Coruña
Por Redacción |
-
Atlético Novas impón a lóxica fronte a BM Pontevedra (21-29) e Poio Artai perde unha final en Redondela (33-14)
Por Redacción |
-
Sete minutos de descoido colectivo cústanlle o partido ao BM Pontevedra (23-28) ante BM Lalín
Por Redacción |
-
BM Pontevedra acariña a remontada imposible en Coia (29-23) e Poio Artai cae ante Luceros (17-33)
Por Redacción |
-
Seguen sen levantar cabeza BM Pontevedra e Poio Artai, que caen (25-32) fronte a BM Cañiza e Calvo Xiria (34-12)
Por Redacción |