Sen opcións BM Pontevedra en Chapela (29-19) nin Poio Artai ante Seis do Nadal Coia (17-33)
Por Redacción
Construciones Castro BM Chapela liquidou o seu compromiso fronte ao BM Pontevedra case sen despeitearse. En pouco máis de sete minutos os redondelanos subiran ao marcador un claro 7-1 que marcou o desenvolvemento do resto do partido.
A lixeira melloría dos de Pedro Pérez permitiunos achegarse ata o 14-10 con que se chegou ao descanso, pero a segunda parte volveu deixar clara a diferenza existente entre ambos os equipos.
Cunha máxima vantaxe de dez goles (24-14) mediado o segundo tempo, a diferenza mantívose invariable ata o final (29-19), con Coque Fontenla (8 goles) e Borja Barco (7) como máximos anotadores de ambos os equipos.
Consulta aquí as estatísticas completas do partido.
SEIS DO NADAL GOLEA AO POIO ARTAI NA SECA
Menos opcións aínda que BM Pontevedra tivo o Poio Artai na visita do Seis do Nadal Coia. Os vigueses resolveron o partido tamén pola vía rápida, levándose unha cómoda vitoria por un expresivo 17-33.
Neste caso os vigueses tardaron un pouco máis en abrir unha brecha definitiva. Concretamente ata mediado o primeiro tempo, cando situaron no luminoso un 4-11 que se mantería ata o descanso (10-17).
A segunda parte foi un paseo para os visitantes, que foron distanciándose aos poucos ata ese contundente triunfo final.
Relacionadas:
-
BM Pontevedra afúndese na recta final fronte a OAR Coruña (24-34)
Por Redacción |
-
Poio Artai volve ás andadas fronte a Bueu (17-33) e BM Pontevedra complícase ao ceder ante a S.A.R. (28-30)
Por Redacción |
-
BM Pontevedra paga coa derrota os seus erros en Bueu (31-27) e Poio Artai compite pero cae en Lalín (34-26)
Por Redacción |
-
Derrotas claras de BM Pontevedra ante Luceros (22-28) e Poio Artai na Cañiza (32-25)
Por Redacción |
-
Calvo Xiria non dá opción a BM Pontevedra (33-22) e Poio Artai cede ao final fronte a Lavadores (23-29)
Por Redacción |
-
Dous puntos de ouro para BM Pontevedra ante BM Artabro (36-24) e nova derrota de Poio Artai (29-25) en Porriño
Por Redacción |