BM Pontevedra paga coa derrota os seus erros en Bueu (31-27) e Poio Artai compite pero cae en Lalín (34-26)
Por Redacción
Era un partido nivelado sobre o papel, e así resultou tamén na pista no que o equipo local levou a vitoria ao aproveitar os erros de BM Pontevedra, que realizou uns primeiros minutos do segundo tempo con abundancia de erros que ao final lle custarían os puntos.
Os de Pedro Pérez comezaron levando a iniciativa, con pequenas vantaxes de ata tres goles (1-4) aos cinco minutos, mantendo a iniciativa ata o minuto 20 do primeiro tempo (7-10). Nese momento o Bueu comezou a mandar ata tomar a dianteira a falta de cinco minutos para o descanso (12-11), para irse ao vestiario con dous goles de renda (15-13).
Pero o peor para os pontevedreses estaba por chegar. BM Pontevedra practicamente entrerrou as súas opcións en apenas oito minutos de segunda parte, nos que Bueu Atlético endosoulles un parcial de 7-1 para escaparse no marcador (22-14).
O resto do partido foi un querer e non poder. Bueu Atlético soubo administrar a renda e BM Pontevedra só conseguiu reducir lixeiramente a súa desvantaxe nos últimos minutos ata ese 31-27 final.
Consulta aquí o acta do partido.
POIO ARTAI FAI O SEU MELLOR PARTIDO NUNHA DAS PISTAS MÁIS COMPLICADAS
Non era o escenario máis favorable para que Poio Artai lograse estrear o seu marcador de puntos e con todo foi en Lalín onde máis preto estiveron de sacar algo positivo. Embutidos Lalinense terminou vencendo (34-26), pero tivo que sufrir moito máis que o que indica ese marcador final, debendo esperar ao últimos quince minutos de partido para impoñer a lóxica e quedar cos puntos.
A igualdade presidiu os primeiros 15 minutos de partido (10-9) mesmo con curtas vantaxes visitantes, pero no últimos dez minutos do primeiro tempo o equipo local deu un primeiro estirón para facer un parcial de 7-1 e escaparse no marcador, chegando ao descanso con vantaxe de cinco goles (17-12).
Pero Poio Artai non se rendeu e volveu meterse no partido ata situarse a só tres goles abaixo (24-21). Aí acabouse a súa resistencia e Lalín xa impuxo a súa superioridade ampliando aos poucos a súa vantaxe ata ese 34-26 final.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
BM Pontevedra afúndese na recta final fronte a OAR Coruña (24-34)
Por Redacción |
-
Acanor Atlético Novás pasa por encima do Poio Artai como unha apisoadora (38-14)
Por Redacción |
-
Poio Artai volve ás andadas fronte a Bueu (17-33) e BM Pontevedra complícase ao ceder ante a S.A.R. (28-30)
Por Redacción |
-
Sen opcións BM Pontevedra en Chapela (29-19) nin Poio Artai ante Seis do Nadal Coia (17-33)
Por Redacción |
-
Derrotas claras de BM Pontevedra ante Luceros (22-28) e Poio Artai na Cañiza (32-25)
Por Redacción |
-
Calvo Xiria non dá opción a BM Pontevedra (33-22) e Poio Artai cede ao final fronte a Lavadores (23-29)
Por Redacción |