Adeus aos partidos en sábado no Municipal
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Está imbatido como local e a súa espectacular vitoria no último segundo contra o Ademar enganchou máis se cabe a unha afección que está a acudir en bo número ao Pavillón Municipal dos Deportes.
É unha situación ideal a que atravesa a Sociedad Deportiva Teucro no seu regreso á Liga Asobal, ou case, e é que os caprichos do calendario alonxarán durante os próximos meses aos azuis do que é o seu horario preferido, o da tarde noite dos sábados.
Xogar na elite ten estes incovenientes, o que se traduce en que ata o próximo 13 de febreiro (xornada 17 ante o Sinfín), os pontevedreses non poderán xogar un encontro na casa en sábado.
Tras viaxar a próxima fin de semana á cancha do Villa de Aranda, visitará o Municipal o Naturhouse La Rioja, un equipo Champions que precisamente por esa condición debe adiantar o choque ao mércores 11 de novembro (20:45 horas).
Despois dun novo desprazamento, a Barcelona (21 de novembro), chegará o Anaitasuna o mércores 25, mentres durante o mes de decembro os azuis xogarán dous partidos fóra (Aragón e Huesca) e só un como local, ante o Cangas (9 de decembro) nunha xornada que se disputa na súa totalidade en mércores.
A liga Asobal descansará no mes de xaneiro debido ao Europeo de seleccións, volvendo a competición para o Teucro cun choque fóra da casa o 6 de febreiro ante o Guadalajara.
Relacionadas:
-
Semana para recuperar aos tocados antes de afrontar o 'Tourmalet'
Por Diego Espiño |
-
O Villa de Aranda pode cun combativo Teucro (35-29)
Por Redacción |
-
O Teucro busca "sin excusas" en Aranda de Duero o seu primeiro triunfo a domicilio
Por Diego Espiño |
-
Bidasoa apea o Teucro da Copa do Rei cun gol a falta de cinco segundos (30-29)
Por Redacción |
-
Puro espectáculo e sensacional vitoria sobre a bucina do Teucro (28-27) sobre Ademar León
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |