Bidasoa apea o Teucro da Copa do Rei cun gol a falta de cinco segundos (30-29)
Por Redacción
Un gol a falta de cinco segundos para a conclusión do partido deu a clasificación ao Bidasoa Irún, deixando fóra a un Teucro prexudicado por unha polémica actuación arbitral, que descualificou a Gonzalo Carró con vermella directa cando aínda non se cumprira o primeiro cuarto de partido.
O equipo vasco acreditou o seu excelente momento que lle levou ao liderado da División de Honra Prata, nun partido tenso e intenso ata o final, no que soubo xogar mellor o último minuto de partido para levar a vitoria e a clasificación para os oitavos de final da Copa do Rei.
Ritmo alto para comezar e igualdade absoluta no primeiros dez minutos. A descualificación de Gonzalo Carró permitiu a Bidasoa tomar as prmeras diferenzas, logrando unha renda de tres goles (9-6) mediada a primeira parte.
Con todo o Teucro, dirixido por Erik Balenciaga, lograba neutralizar a diferenza e empatar (11-11), no minuto 20. Despois dun novo estirón local, sempre sen superar os tres goles, os galegos reducían para irse ao descanso só un gol abaixo.
A pouco de comezar o segundo tempo o Teucro conseguiría adiantarse (17-18) no minuto 34. Sería a última vez ata os compases finais, xa que a partir de aí Bidasoa mandaría, sempre con diferenzas que non superaban os tres goles
O Bidasoa recuperou apoiándose nunha forte defensa para levar ao marcador a máxima diferenza mediada a segunda parte (23-20), pero de novo o Teucro reaccionou e pareceu que ía levar o partido cando logrou poñerse por diante a dous minutos do final (28-29), cun gol de Carlos García.
Vázquez empataba para os locais, pero Beltza era excluído. O Teucro tiña un ataque para levar o partido, a falta dun minuto, pero Román Pedreira topouse con Dejanovic, que detivo o seu lanzamento e tras un tempo morto de Fernando Bolea para preparar xogada, Alberto Mouriño conseguía o gol do triunfo irundarra.
BIDASOA IRÚN (30): Zubiría; Martínez (6), Crowley (6, 4 de penalti), Portero (2), Beltza, Odriozola (3), Bezbradica (1) -sete inicial-, Dejanovic (p.s.); Cavero, Vázquez (4), Villar (1), Muiña (2), Mouriño (4), Davidovic (1) e Azkue.
SD TEUCRO (29): Ritxi Amérigo; Arkaitz Piriz (1), Erik Balenciaga (3), David García (4), Gonzalo Carró, Carlos García (7, 3 de penalti), Dani Hernández (6, 3 de penalti) -sete inicial-, Andrés Delgado (p.s.), Víctor Rodríguez, José Manuel Rial (1), Iván Fernández (1), Edu Moledo (3, 2 de penalti), David Chapela, Román Pedreira (3) e Samu Gómez.
Árbitros: Carlos Javier Gude Prego e Juan José Gude Prego (País Vasco). Descualificaron con vermella directa ao xogador do Teucro, Gonzalo Carró (minuto 13). Excluíron dous minutos a Portero, Martínez, Odriozola (2) e Beltza (3, descualificado no minuto 59), polo Bidasoa, e a Carlos García, Samu Gómez, Víctor Rodríguez e José Manuel Rial (3, descualificado no minuto 47), polo Teucro.
Marcador (cada cinco minutos): 3-2, 5-5, 9-6, 11-10, 12-11, 16-15 (descanso), 18-18, 21-19, 23-20, 26-23, 28-27 e 30-29 (final).
Incidencias: Polideportivo Municipal de Artaleku (Irún). Segunda eliminatoria da Copa do Rei. Uns 1.200 afeccionados.
Relacionadas:
-
O Villa de Aranda pode cun combativo Teucro (35-29)
Por Redacción |
-
O Teucro busca "sin excusas" en Aranda de Duero o seu primeiro triunfo a domicilio
Por Diego Espiño |
-
Adeus aos partidos en sábado no Municipal
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Puro espectáculo e sensacional vitoria sobre a bucina do Teucro (28-27) sobre Ademar León
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Chamamento do Teucro a súa afección para o "complicado" partido contra o Ademar León
Por Alejandro Espiño |
-
Fraikin Granollers acredita o seu excelente momento e non dá opción ao Teucro (35-25)
Por Redacción |