O Arosa encaixa a súa primeira derrota e cede o liderado ao Barbadás (2-0)
Por Redacción
O Arousa regresa de Ourense tras encaixar a primeira derrota da tempada no sempre difícil campo de Vos Carrís, fronte á UD Barbadás. Os de Pisces non foron capaces de controlar un partido no que os locais estiveron moi seguros defensivamente. Os goles de Alfredo e Lamelas deron a vitoria aos de Peluso, que desta forma arrebatan o primeiro posto ao conxunto arlequinado e sitúanse como líderes provisionais.
No primeiro tempo os arosistas empezaron dominando pero pouco a pouco as forzas igualáronse. O Arousa puido adiantarse no primeiro tempo nun para un de Hugo Soto con Berto, pero o de Vilaxoán enviouna alta. Sylla tamén a tivo de cabeza á saída dun córner. Os locais chegaron á porta de Jorge Pérez, pero sen demasiado perigo.
No segundo tempo O Barbadás poñíase por diante, cun gran gol en lanzamento de falta de Alfredo (minuto 60), que primeiro dá no traveseiro e logo cóase na portería.
Xusto antes do segundo gol de Lamelas, Hugo Soto volvía fallar un man a man con Berto ao querer ceder o balón a Sylla. Lamelas marcaría na acción seguinte (minuto 74) ao rematar na área pequena un centro de Isi.
O Arousa non veu abaixo e tentouno sen éxito ata o final, terminando descontentos coa actuación arbitral, especialmente tras expulsar con vermella directa a falta dun minuto a Sylla.
Relacionadas:
-
O Choco pasa por encima dun Arosa decepcionante (1-3)
Por Redacción |
-
Piscis faise centenario co Arosa
Por Redacción |
-
A boa marcha do Arosa impulsa a súa campaña de socios
Por Redacción |
-
Rubén Martínez decide o derbi para o Arosa (1-0) nos últimos minutos
Por Redacción |
-
Vitoria e liderado para o Arosa (0-2) no Barco
Por Redacción |